XORNADA DE TECNIFICACIÓN PARA AS CATEGORÍAS BASE
As instalacións do CGTD de Pontevedra, acollerán en xornada de mañá, o vindeiro sábado 23 de Xaneiro a primeira XORNADA DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA PARA O DEPORTE DE BASE. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, que traballarán as ordes dos responsables do Colexio Galego de Adestradores, para continuar coa súa formación.
Esta é unha xornada formativa, que está orientada tanto os deportistas das categorías base, como para continuar coa formación dos adestradores que traballan a diario cos mais pequenos.
Sen comentarios