CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA DE LOITA SAMBO
CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA DE LOITA SAMBO, que terá lugar o sábado 25 de Xaneiro na SALA DE LOITA das instalacións do CGTD de Pontevedra, en xornada de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.
Esta actividade será OBRIGATORIA para todos e todas os/as deportistas que queiran participar nos vindeiros campionatos de España de Loita Sambo, tanto na categoría absoluta (mais de 18 anos), como nas previas a absoluta (cadete: 15 e 16 anos. Esperanza: 17 e 18 anos). A concentración estará dirixida polo técnico nacional ANDRÉS SENÍN, para conformar o combinado Galego.
É de obrigado cumprimento ter LICENZA EN VIGOR, para poder participar na actividade.
Por outra banda, tamén será de OBRIGADO cumprimento para os/as TÉCNICOS que están levando a cabo o CURSO DE ADESTRADOR NACIONAL DE LOITA SAMBO.
Para inscribirse na CONCENTRACIÓN é obrigatorio que os CLUBS COMUNIQUEN por mail, o listado de participantes a info@fegaloita.es
Sen comentarios