XOGALOITA EN VIGO CON 200 ALUMN@S DE 6 CENTROS EDUCATIVOS
Este xoves 6 de Febreiro, no pavillón Universitario do CUVI (Vigo), achegáronse 6 centros educativos, con preto de 200 alumn@s, no XOGALOITA celebrado en VIGO.
O servizo provincial de deportes de Pontevedra, coordinou o transporte dos centros educativos, mentres que a Federación Galega de Loita e D.A. achegou o material deportivo e os técnicos para levar a cabo, esta actividade deportiva en horario lectivo.
Seguimos coas actividades de promoción e fomento das Loitas Olímpicas, en toda a xeografia Galega!
Por mais e mellor deporte!
Sen comentarios