3 GALEGOS NO CAMPIONATO DE EUROPA EN ROMA (ITA)
3 deportistas Galegos acudirán o Campionato de Europa, que terá lugar en Roma do 10 ó 18 de Febreiro, en Ostia di Lido (Roma, Italia).
En Loitas Olímpicas, os representantes Galegos serán:
– Lydia Pérez Touriño. Clubr de Loita Pontevedra. Loita Feminina en -62 kg. Compite o xoves 13 de Febreiro.
– Jose Cuba Vázquez. Club de Loitas Olímpicas de Vilalba. Libre Olímpica en -125 kg. Compite o sábado 15 de Febreiro.
Ambos deportistas, afrontan esta cita continental como unha actividade mais de preparación de cara a os torneos clasificatorios para os XXOO Tokio 2020, que terán lugar en Budapest (HUN), do 19 ó 22 de Marzo, e en Sofía (BUL) do 30 de Abril o 3 de Maio. Serán estes dous torneos, onde se decidan as prazas Olímpicas.
En Grappling:
– Sara Vieitez Mariño. Club Independiente de Vigo. Grappling feminino – 53 kg. Compite o Luns 17 de Febreiro. Esta será a primeira vez que unha deportista Galega, compita nunha cita continental. Será a única representante Española nesta competición, o que amosa o bo traballo dos Clubs Galegos.
Agardemos que todos eles, teñan a mellor das sortes!
Sen comentarios