SARA VIEITEZ DOBLE MEDALLISTA DE BRONCE EUROPEA
Por primeira vez na historia da Federación Galega de Loita e D.A. unha deportista acadou unha medalla Europea. Neste caso, Sara Vieitez Mariño, acadou duas medallas de bronce nos Campionatos de Europa de Grappling e Grappling-Gi, na categoría de -53kg, celebrados do 16 ó 18 de Febreiro en Roma (Italia).
A Viguesa, Sara Vieitez do Club Independiente de Vigo, acadou o luns 17 a medalla de bronce en Loita Grappling o vencer en primeira rolda a Horbushko (UKR) por 9-0, caeu en segunda rolda contra a Española, Naiomi Matthews por 2-10 e venceu o bronce contra Voros (HUN) por 7-0, para acadar a medalla de bronce en -53kg.
Na competición de Grappling-Gi (con Kimono), o martes 18 de Febreiro gañou en primeira rolda a Skrypnyk (UKR) por superioridade técnica, en segunda rolda caeu ante Tonelli (ITA), por 5-14, para loitar o bronce contra Voros (HUN) e gañar 8-5.
Esta é a prmeira vez que unha deportista acada un doblete de este calado a nivel internacional, o que amosa o bo traballo dos Clubs Galegos.
Agardamos que siga pola senda dos éxitos!!!
Sen comentarios