12 GALEGOS CONVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL JÓVENES PROMESAS
12 Galegos acudirán do 6 ó 8 de Novembro o Torneo Internacional JÓVENES PROMESAS, que terá lugar en Pilar de la Horadada (Valencia), onde se reunirán os mellores deportistas nacionais das categorías cadete, júnior e U23.
Os deportistas convocados pola Federación Española son: Saúl Bello e Manuel González ambos do Club San Ignacio de Vigo, David González e Omar Rodríguez do Club Sabarís de Baiona, Santiago Sánches e Nerea Pampín ambos do Club Keltoi de Vila de Cruces, Nerea Iglesias da Escola Ayude de Santiso.
Como técnicos acudirán Rubén Méndez, e os técnicos nacionais Marcos Miragaya (seleccionador cadete) e Pablo Pintos (seleccionador U23).
O Colexio Galego de Árbitros, estará representado por Daniel Fernández e Jorge Garrido, ambos do Club Kuzushi de Vigo.
Unha vez rematada a competición, os deportistas: Santiago Sánchez, Nerea Pampín, Nerea Iglesias, Omar Rodríguez, Marcos Miragaya e Pablo Pintos, permanecerán concentrados ata o mércores 11 de Novembro.
Agardemos que sexa unha boa oportunidade para amosar o funcionamento dos protocolos, xa que todos os deportistas teñen que acudir a convocatoria cunha proba negativa de COVID-19. Unha vez cheguen a Pilar de la Horadada, todos teñen que volver a pasar outro test de antíxenos, para poder acceser o hotel e a competición.
A Federación Española e a Federación Murciana de Lucha, están blindando esta actividade, para tratar de garantir a máxima seguridade para todos os participantes.
PESO | NOMBRE | CLUB | CADETE | JÚNIOR | U23 | COMPETICIÓN | CONCENTRACIÓN |
DAVID GONZÁLEZ | SABARÍS | 61 KG | SI | NO | |||
SAUL BELLO | SAN IGNACIO | 65 KG | 65 KG | SI | NO | ||
MANUEL GONZÁLEZ | SAN IGNACIO | 55 KG | SI | NO | |||
SANTIAGO SÁNCHEZ | KELTOI | 97 KG | 97 KG | SI | SI | ||
NEREA PAMPÍN | KELTOI | 68 KG | SI | SI | |||
NEREA IGLESIAS | AYUDE | 73 KG | 76 KG | SI | SI | ||
OMAR RODRÍGUEZ | SABARIS | 79 KG | SI | SI | |||
MARCOS MIRAGAYA | TÉCNICO FEL | SI | SI | ||||
RUBÉN MÉNDEZ | TÉCNICO FGL | SI | NO | ||||
JORGE GARRIDO | ÁRBITRO FEL | SI | NO | ||||
DANIEL FERNÁNDEZ | ÁRBITRO FEL | SI | NO | ||||
PABLO PINTOS | TÉCNICO FEL | SI | SI |
Sen comentarios