CAMPIONATO GALEGO DE LOITA GRAPPLING
A Federación Galega de Loita e D.A. organiza os Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING que terán lugar o día 13 de Marzo do 2021, en Santiago de Compostela.
O programa quedaría do seguinte xeito:
- Inscrición definitiva dos equipos antes do Venres 5 de Marzo ás 12.00 horas.
- Último día para cambios de peso: mércores 10 de Marzo as 12:00 horas.
- PROTOCOLO ANTICOVID:
- Entrega do CONSENTIMENTO ASINADO por cada participante (deportistas, árbitros, delegados, adestradores), antes da realización do TEST de antíxenos.
- TEST DE ANTÍXENOS a todos os participantes: de 15:30 a 16:00 horas.
- Control de peso: de 16:00 a 16:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 13 de Marzo de 16:30 a 19:30 horas.
- Tapices: 3 tapices.
- Lugar: Pavillón Municipal de SANTA ISABEL en Santiago de Compostela.
- Entrega de medallas de 19.30 a 20.00 horas.
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Toda a info aquí.
Sen comentarios