I COPA DE GALICIA DE LOITAS OLÍMPICAS SÉNIOR E CADETE
A I COPA DE GALICIA Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas que terá lugar o día 13 de Marzo do 2021, en Santiago de Compostela.
O programa quedaría do seguinte xeito:
- Inscrición definitiva dos equipos antes do Luns 8 de Marzo ás 12.00 horas.
- PROTOCOLO ANTICOVID:
- Entrega do CONSETIMENTO ASINADO por cada participante (deportistas, árbitros, delegados, adestradores), antes da realización do TEST de antíxenos.
- TEST DE ANTÍXENOS a todos os participantes: de 8:30 a 9:30 horas.
- NON poderá haber público nas gradas. Só membros dos Clubs con licenza en vigor.
- Control de peso: de 9:30 a 10:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 13 de Marzo de 10:00 a 14:00 horas.
- Tapices: 3 tapices.
- Lugar: Pavillón Municipal de SANTA ISABEL en Santiago de Compostela.
- Entrega de medallas de 13.30 a 14.00 horas.
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Na competición Sénior, os deportistas júnior poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Na competición Cadete, con autorización paterna e baixo a responsabilidade do adestrador, TODOS os deportistas ESCOLARES poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Os deportistas ALEVINES de último año, poden participar no campionato, para facer combates de fora de competición e continuar coa súa formación, de cara o cto. De España escolar. Trataremos de que loiten entre os alevines e contra os escolares.
- Trataremos de agrupar os pesos, fora de competición, para que todos os deportistas poidan loitar, co fin de mellorar a súa preparación de cara os campionatos de España.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Toda a info aquí.
Sen comentarios