LYDIA PÉREZ ACUDE A CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL PREVIA O PRIMEIRO CLASIFICATORIO
A deportista Pontevedresa, Lydia Pérez (Club de Loita Pontevedra) becada no grupo de rendemento do CGTD, participará do 8 o 16 de Marzo, na concentración internacional que terá lugar en Budapest (Hungria), como previo o TORNEO EUROPEO DE CLASIFICACIÓN OLÍMPICA.
Nesta concentración internacional só participarán 2 deportistas Españois: Lydia Pérez (GAL) e Juan Pablo González (CAN), xunto co seleccionador nacional Laureano Atanes.
O torneo EUROPEO de Clasificación para os XXOO de Tokio, terá lugar do 18 ó 21 de Marzo en Budapest. Tan só obterán a clasificación para os XXOO, os deportistas que acaden chegar a final de cada categoría de peso (os medallistas de ouro e prata).
Neste torneo preolímpico, tamén estará o deportista Galego, Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), que continua a súa preparación no seu club de toda a vida xunto co sparring Ucraniano Sergy Priadum.
Agardemos que teñan a mellor das preparacións, de cara a esta histórica cita!
Sen comentarios