CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR E ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS
Información sobre o CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR de Loitas Olímpicas que terá lugar o día 24 de Abril do 2021, en Vila de Cruces (Pontevedra).
O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:
- Inscrición definitiva dos equipos antes do Luns 19 de Abril ás 12.00 horas.
- PROTOCOLO ANTICOVID:
- Entrega do CONSETIMENTO ASINADO por cada participante (deportistas, árbitros, delegados, adestradores), antes da realización do TEST de antíxenos.
- TEST DE ANTÍXENOS a todos os participantes: de 8:30 a 9:30 horas.
- NON poderá haber público nas gradas. Só membros dos Clubs con licenza en vigor.
- Control de peso: de 9:30 a 10:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 24 de Abril de 10:00 a 14:00 horas.
- Tapices: 3 tapices.
- Lugar: Pavillón Municipal de Vila de Cruces.
- Entrega de medallas de 13.30 a 14.00 horas.
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Na competición Júnior, os deportistas cadetes poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Na competición Escolar, con autorización paterna e baixo a responsabilidade do adestrador, TODOS os deportistas Alevines poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Trataremos de agrupar os pesos, fora de competición, para que todos os deportistas poidan loitar, co fin de mellorar a súa preparación de cara os campionatos de España.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:
- Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
- Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
- Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.
- PROTOCOLO ANTICOVID:
- Manter a distancia de seguridade no pavillón.
- Permanecer en todo momento coas máscaras.
- Ter máscaras de recambio.
- Empregar o hidroalcol, alfombras hixienizántes e esprais, para limpar as superficies.
- Manter o protocolo FISICOVID DXT GALEGO da Federación Galega de Loita e D.A.
Sen comentarios