SANTIAGO SÁNCHEZ CONVOCADO PARA O CTO. INTERNACIONAL Dumitru Pirvulescu y Vasile Iorga
O deportista Santiago Sánchez Varela, deportista do Club Keltoi de Vila de Cruces e becado no CGTD de Pontevedra, viaxará o torneo e concentración internacional Dumitru Pirvulescu y Vasile Iorga de Bucarest (Rumanía), do 3 ó 11 de Xuño.
O deportista participará en loita libre olímpica, na categoría de -97kg, e estará acompañado por Diego Esteche (MAD), Gabriel Iglesias (MAD). Este torneo e concentración, serven como base para seleccionar os deportistas que participarán no Cto. de Europa júnior, que terá lugar a finais de Xuño en Alemaña.
Santiago Sánchez, participou no Cto. de Europa júnior do ano 2019. No 2020, suspendéronse todas as actividades por mor da pandemia. Agora, trata de recuperar a senda dos campionatos internacionais, nunha categoría de peso superior. Aínda non está asentado nos 97 kg, polo que terá que adaptarse pouco a pouco.
Podemos seguir a competición no enlace:
https://uww.org/event/dumitru-pirvulescu-vasile-iorga-0
Agardemos que teña a mellor das sortes!
Sen comentarios