FEGALOITA » Campionato do Mundo https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Fri, 05 May 2023 14:24:54 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 LYDIA PÉREZ CONCENTRADA PARA O MUNDIAL ABSOLUTO https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-para-o-mundial-absoluto/ https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-para-o-mundial-absoluto/#comments Tue, 03 Sep 2019 12:47:52 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2602 A deportista Pontevedresa Lydia Pérez Touriño, do Club de Loita Pontevedra e becada no CGTD de Pontevedra, onde adestra no grupo de rendemento as ordes de Marcos Miragaya, permanecerá concentrada do 4 ó 14 de Setembro na cidade de Nur-Sultán (KAZ), de cara a preparar a súa participación no mundial absoluto de Loitas Olímpicas.

Esta concentración previa o mundial, axudará a Lydia Pérez a aclimatarse de cara a cita mundialista. Primeira oportunidade para clasificarse para os XXOO de Tokio 2020.

As datas para o Mundial absoluto son do 14 ó 22 de Setembro, na mesma cidade de Nur-Sultan (KAZ). A esta cita tamén acudirá o deportista Galego Jose Cuba Vázquez.

A representación Galega no Mundial será a cargo de Lydia Pérez en -62kg e Jose Cuba Vázquez en -125kg.

Pola súa banda, Jose Cuba Vázquez prepara a súa participación no sea club de orixe, Loita Olímpica Vilalba, contando coa presenza do técnico Ukraniano: Sergey Priadum.

Mais info do mundial absoluto na web oficial:

https://unitedworldwrestling.org/event/world-championships-36

 

]]>
https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-para-o-mundial-absoluto/feed/ 0
NEREA PAMPÍN ACUDE O MUNDIAL JÚNIOR https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/ https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/#comments Mon, 12 Aug 2019 14:02:56 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2600 A deportista Nerea Pampín Blanco, do Club Keltoi de Vila de Cruces e becada no CGTD de Pontevedra, participará no mundial júnior de Loitas Oímpicas do 13 o 18 de Agosto, en Tallinn (Estonia).

O pavillón de Tondiraba Jäähall, sito na cidade de Tallinn, será o escenario de este mundial júnior, o que so viaxan 2 deportistas representando a nosa selección nacional: Nerea Pampín en -65 kg e María Victoria Báez en -57 kg (MAD).

Ambas deportistas clasificáronse para a cita mundialista, no Cto. De Europa júnior organizado en Pontevedra no mes de Xuño. Baez acadou a medalla de bronce e Pampín perdeu na Loita pocas preseas, rematando en 7º lugar.

Agardemos que teñan a mellor das sortes, nesta cita mundial!

]]>
https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/feed/ 0
LYDIA PÉREZ CONVOCADA PARA O CTO. DO MUNDO SUB-23 https://www.fegaloita.es/lydia-perez-convocada-para-o-cto-do-mundo-sub-23/ https://www.fegaloita.es/lydia-perez-convocada-para-o-cto-do-mundo-sub-23/#comments Mon, 12 Nov 2018 10:20:06 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2265 A deportista Lydia Pérez Touriño, do Club de Loita Pontevedra e becada no CGTD de Pontevedra, acude o Campionato do Mundo SUB23, que terá lugar en Bucarest (Romanía) do 13 ó 18 de Novembro.

A deportista Pontevedresa, continuará competindo o máximo nivel nesta cita mundial, na categoría de 62kg en loita Feminina. Formarán a selección nacional  Aintzane Gorria (NAV), Graciela Sánchez (BAL), Estefanía Ramírez (CAN) con Aurora Fajardo como seleccionadora.

Agardamos que teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/lydia-perez-convocada-para-o-cto-do-mundo-sub-23/feed/ 0
JOSE CUBA VÁZQUEZ 5º DO MUNDO DE LOITA PRAIA https://www.fegaloita.es/jose-cuba-vazquez-5o-do-mundo-de-loita-praia/ https://www.fegaloita.es/jose-cuba-vazquez-5o-do-mundo-de-loita-praia/#comments Mon, 08 Oct 2018 10:55:14 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2229 Jose Cuba Vázquez do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, rematou no 5º posto, no campionato mundial de Loita Praia, celebrado do 5 ó 7 de Outubro en Sarigerme (Turquía).

O Vilalbés estreábase nesta modalidade gañando en primeira rolda ante o rumano Trufan e en segunda  rolda ante o húngaro Borsos. Foi na terceira rolda onde caeu ante o turco Mete quedando fóra da loita polas medallas pero subindo a un 5º merecido posto na súa estrea na modalidade.

Jose Cuba, acadou un dos mellores resultados da selección nacional absoluta no mundial de Turquia. Agora terá que centrarse na clasificación para os XXOO de Tokio 2020.

]]>
https://www.fegaloita.es/jose-cuba-vazquez-5o-do-mundo-de-loita-praia/feed/ 0
JOSE CUBA ACUDE AL CAMPEONATO DEL MUNDO DE BEACH WRESTLING (LUCHA PLAYA) https://www.fegaloita.es/jose-cuba-acude-al-campeonato-del-mundo-de-beach-wrestling-lucha-playa/ https://www.fegaloita.es/jose-cuba-acude-al-campeonato-del-mundo-de-beach-wrestling-lucha-playa/#comments Thu, 04 Oct 2018 08:51:47 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2225 El deportista Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), acude con la selección nacional de luchas olímpicas, al mundial de Beach Wrestling (Lucha Playa), que tendrá lugar del 6 al 7 de Octubre en Mugla (Turquía).

La selección Española estará formada por 6 deportistas, teniendo Galicia como único representante a Jose Cuba Vázquez en la categoría de +100 kg. La liga mundial de Lucha Playa, muy nutrida con excampeones mundiales, europeos y Olímpicos.

El deportista Chairego aspira a la lucha por el podio y hacer historia en esta nueva disciplina, con su inclusión en las series mundiales de Lucha Playa.

Tenéis toda la info en:

https://unitedworldwrestling.org/event/beach-world-championships

 

]]>
https://www.fegaloita.es/jose-cuba-acude-al-campeonato-del-mundo-de-beach-wrestling-lucha-playa/feed/ 0
ROBERTO ESTÉVEZ CAMPIÓN DO MUNDO MÁSTER DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/roberto-estevez-campion-do-mundo-master-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/roberto-estevez-campion-do-mundo-master-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 01 Oct 2018 13:54:53 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2214 O deportista Roberto Estévez Álvarez, ven de proclamarse campión do mundo máster, el Loita Libre Olímpica na categoría de – 70 kg, na cidade de Skopje (Macedonia) este pasado sábado 29 de Setembro.

Roberto Estévez pertencente a disciplina do Club Ciudad de Vigo, asistiu o campeonato do mundo máster, na categoría de idade D, onde gañou 4 combates para alzarse como campión mundial.

En 1/8 gañou a Raif OBRAZHDA (KOS) por superioridade técnica. Xa en 1/4 superou a Benjamin Albertus DE WET (RSA), tamén por un contundente 10-0.  En semifinais gañou a Stephen Bradford HORTON (USA)  por tocado o que lle deu acceso a final, onde derrotaría a Vadim DANILOV (RUS), tamén por superioridade técnica. Unha competición impecable para un deportista que xa se alzou no 2016 co mesmo galardón!

Nesta ocasión, Roberto Estévez foi o único representante Español en subir o podio mundial.

]]>
https://www.fegaloita.es/roberto-estevez-campion-do-mundo-master-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
LYDIA PÉREZ ACUDE O CAMPIONATO DO MUNDO SUB23 DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/lydia-perez-acude-o-campionato-do-mundo-sub23-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/lydia-perez-acude-o-campionato-do-mundo-sub23-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 20 Nov 2017 12:02:31 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1776 A deportista Lydia Pérez, do Club de Loita Pontevedra, será a única representate feminina no Campionato do Mundo SUB23, de Loitas Olímpicas que terá lugar do 20 ó 25 de Novembro en Bydgoszcz (Polonia).

Lydia Pérez competirá na categoría de 58 kg, de Loita Feminina. A deportista do Lérez, estará acompañada polo seleccionador nacional Luis Crespo, quen tivo a dificil decisión de elexir unha única deportista das 7 campioas de España, para representarnos no mundial. Luis Crespo, é o técnico de Maider Unda, a única deportista nacional que acadou a medalla de bronce nos XXOO de Londres 2008.

A preparación de Lydia Pérez, foi a mellor posible, estando concentrada do pasado 121 ata ó 19 de Novembro no Centro de Alto Rendemento enaltura de Sierra Nevada. Por todo elo, o seu técnico, Marcos Miragaya, amósase confiado na preparación, pero cauteloso, xa que Lydia Pérez aínda é júnior (20 anos), e participará no mundial SUB23, polo tanto será das deportistas mais novas nesta comeptición.

Agardemos que teña a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/lydia-perez-acude-o-campionato-do-mundo-sub23-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
POUCA SORTE PARA ADRIÁN IMEDIO NO MUNDIAL DE SAMBO https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-adrian-imedio-no-mundial-de-sambo/ https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-adrian-imedio-no-mundial-de-sambo/#comments Mon, 13 Nov 2017 12:22:25 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1762 O deportista Adrián Imedio (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), tivo pouca sorte no Mundial de Loita Sambo, celebrado en Sochi (Rusia) do 8 ó 13 de Novembro.

Adrián gañou en primeira rolda contra o representante de Nixeria, pero perdeu o pase a seguinte rolda, contra o representante de Bielorrusia, que a postre finalizaría en 3º lugar no seu peso.

Agardamos que teña mais sorte para a vindeira competición!

]]>
https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-adrian-imedio-no-mundial-de-sambo/feed/ 0
BRONCE DE ADRIAN IMEDIO NA COPA DE EUROPA DE SAMBO https://www.fegaloita.es/bronce-de-adrian-imedio-na-copa-de-europa-de-sambo/ https://www.fegaloita.es/bronce-de-adrian-imedio-na-copa-de-europa-de-sambo/#comments Wed, 08 Nov 2017 16:41:00 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1753 O deportista Adrián Imedio (Club de Loita Vilalba) e que adestra no Club da Universidade da Coruña, ven de acadar a medalla de bronce na COPA de Europa de Loita Sambo, celebrada en Madrid.

Este éxito, garante a súa participación no Campionato do Mundo de Loita Sambo que terá lugar do  9 ó 12 de Novembro en Moscú (Rusia). Agardemos que teña a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/bronce-de-adrian-imedio-na-copa-de-europa-de-sambo/feed/ 0
CAMPIONATO DO MUNDO DE VETERANOS https://www.fegaloita.es/campionato-do-mundo-de-veteranos/ https://www.fegaloita.es/campionato-do-mundo-de-veteranos/#comments Thu, 28 Sep 2017 11:41:43 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1733 Os dous medallístas mundiais da categoría máster, viaxarán do 10 ó 15 de Outubro a Plovdiv (Bulgaria), co fin de seguir facendo historia nunha categoría que cada ano conta con mais adeptos.

O Campionato do Mundo Máster, conta con maior participación. Neste ano 2017, rondan os 700 participantes inscritos entre deportistas, técnicos e árbitros.

A Federación Española de Loitas Olímpicas, a Federación Galega de Loitas Olímpicas e os propios deportistas, sufragan os gastos da súa participación, nunha nova mostra de traballo conxunto, tratando de afianzar esta categoría para dar continuidade os deportistas de maior experiencia.

Roberto Estévez Álvarez, do Club de Loita Ciudad de Vigo, tratará de acadar de novo a medalla de ouro na categoría C, en 70 kg, que acadou o pasado ano en Polonia. Pola súa parte, Miguel Casqueiro Suárez, do Club de Loita Ciudad de Vigo, tratará de mellorar a medalla de bronce, na categoría A en 62 kg. Ambos deportistas competirán na modalidade de Loita Libre Olímpica, sendo este o segundo ano que compiten no mundial Máster.

A selección nacional acude con 5 deportistas: Robreto Estévez e Miguel Casqueiro (GAL), Rafael Mota e Carlos Fernández (MAD), Airán González (CAN)

https://unitedworldwrestling.org/event/world-championships-28

Agardamos que teñan a mellor das sortes.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-do-mundo-de-veteranos/feed/ 0