FEGALOITA » Educación Físca https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Mon, 06 Feb 2023 16:20:59 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 270 ALUMN@S DE PRIMARIA PRACTICAS LUCHAS OLÍMPICAS CON EL XOGALOITA https://www.fegaloita.es/270-alumns-de-primaria-practicas-luchas-olimpicas-con-el-xogaloita/ https://www.fegaloita.es/270-alumns-de-primaria-practicas-luchas-olimpicas-con-el-xogaloita/#comments Wed, 23 May 2018 14:09:39 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2074 8 centros educativos, y más de 270 alumn@s, disfrutaron esta mañana de 23 de Mayo, en las instalaciones de la Feria de Muestras de Concello de Silleda, de las jornadas lúdico-deportivas, que la Fegaloita Loitas Olimpicas está llevando a cabo para promocionar y dinamizar nuestro deporte, de la mano de la Federación Española de Lucha, entre los centros educativos.

Las sesiones estuvieron dirigidas por Rubén Méndez Lois, Diego Pallares y @ramon garcía sueiro, todos del Club De Loita Keltoi Cruces. Los centros educativos asistentes fueron: ceip Silleda Concello A Estrada, ceip Ramón Valenzuela de Silleda, ceip A Paz Tintureira de Vigo, ceip de Quintela Concello de Redondela, ceip de Toural @Concello de vilaboa, CPR San Fermín de Concello de Caldas de Reis, CPR Plurilingüe Abrente de Concello de Sanxenxo y ceip San Roque de Darbo de Concello de Cangas do Morrazo. Estas jornadas de fomento del deporte, organizadas por el Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Secretaría Xeral para o Deporte y Fegaloita Loitas Olimpicas, reunieron a varias modalidades deportivas: Luchas Olímpicas, Juegos Tradicionales y fútbol base.

Esperemos que contine este trabajo de promoción y que sean los propios Clubs Gallegos los que dinamices este tipo de actividades, para buscar un retorno de nuevos talentos a los mismos.

]]>
https://www.fegaloita.es/270-alumns-de-primaria-practicas-luchas-olimpicas-con-el-xogaloita/feed/ 0
CURSOS DE FORMACIÓN PARA DOCENTES DE PRIMARIA https://www.fegaloita.es/cursos-de-formacion-para-docentes-de-primaria/ https://www.fegaloita.es/cursos-de-formacion-para-docentes-de-primaria/#comments Thu, 30 Nov 2017 18:11:21 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1801 A nova proposta de modelo de Deporte Escolar, traballada entre o Servizo de Deportes de Pontevedra dependente da Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Loita, ten nos Centros de Formación e Recursos do Profesorado de Vigo e Pontevedra, unha pedra angular sustancial.

29 Docentes de primaria, traballan durante 8 horas de formación cos técnicos da Federación Galega de Loita, para implementar o proxecto XOGALOITA nos centros educativos os que pertencen. A xornada final de convivencia é unha competición lúdico-deportiva, que movilizará a preto de 1000 nen@s. Estas xornadas están estruturadas por zonas, na que os centros educativos, que están mais preto entre si, compiten entre eles.

Esta iniciativa ten como eixe fundamental de traballo, o profesorado de educación física dos centros, sen os cales, esta iniciativa carecería de sentido. Eles son os verdadeiros dinamizadores de estas xornadas:

1º- Acuden as xornadas de formación, para coñecer mais polo miudo as Loitas Olímpicas e o programa XOGALOITA.

2º- Implementan as sesións nos seus centros educativos, formando os mais pequenos.

3º- Acuden a unha xornada de convivencia na que se leva a cabo unha competición lúdico-deportiva, baseada en 6 xogos de oposición, na que os mais pequenos amosan a súa habilidade.

Por outra banda, agradecer aconfianza do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Vigo e Pontevedra, depositada na Federación e nos seus técnicos para impulsar este deporte e empregalo como unha ferramenta mais de formación.

]]>
https://www.fegaloita.es/cursos-de-formacion-para-docentes-de-primaria/feed/ 0
FORMANDO OS FORMADORES. CURSO PARA O PROFESORADO https://www.fegaloita.es/formando-os-formadores-curso-para-o-profesorado/ https://www.fegaloita.es/formando-os-formadores-curso-para-o-profesorado/#comments Wed, 08 Nov 2017 16:49:45 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1756 Outro ano mais, a Federación Galega de Loita e D.A. volve a participar nos cursos de formación o profesorado de primaria, como unha parte do novo plantexamento de DEPORTE ESCOLAR, vertebrado entre o Servizo de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte, o Centro de Formación e Recursos do Profesorado e a propia Federación.

En total, 13 mestres de primaria, que representan a 13 centros educativos, participaron nesta iniciativa, na que se forman nas actividades de Loitas Olímpicas, para implementalas no centro educativo. Estas actividades se levaron a cabo no mes de Outubro na cidade de Vigo e terán a súa continuidade no mes de Novembro na cidade de Pontevedra. Unha vez rematado este periodo, os docentes levarán a cabo unha unidade didáctica de Loitas Olímpicas no seu centro educativo, para xa no mes de Xaneiro de 2018, facer unha xornada de convicencia LÚDICO-COMPETITIVA entre os centros educativos.

Esta actividade formativa, ten como base 3 modalidades deportivas: Xogos Tradicionais, Atletismo e Loitas Olímpicas.

Durante o pasado curso escolar, un total de 1100 nenos e nenas participaron nas xornadas de convivencia entre centros educativos, a través unha competición adaptada para eles: XOGALOITA.

Agardemos continuar con esta boa iniciativa de promoción deportiva.

]]>
https://www.fegaloita.es/formando-os-formadores-curso-para-o-profesorado/feed/ 0
CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DA TERRA CHÁ https://www.fegaloita.es/clausura-das-escolas-deportivas-municipais-da-terra-cha/ https://www.fegaloita.es/clausura-das-escolas-deportivas-municipais-da-terra-cha/#comments Fri, 20 May 2016 10:24:50 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1158 Este sábado 21 de Maio, terá lugar a clausura das Escolas Deportivas Municipais da Terra Chá, na que 600 nenos e nenas participarán en unha xornada deportiva conxunta nas instalacións da Magdalena de Vilalba (Lugo).

O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, organiza as actividades de Loitas Olímpicas para esta clausura, na que a Federación Galega de Loita e D.A. colabora na cesión do material para o desenrolo do evento.

As Loitas Olímpicas están presentes en numerosas escolas deportivas municipais o longo das catro provincias, desenroladas polos Clubs de referencia dos Concellos, das que daremos toda a información da clausura das mesmas.

]]>
https://www.fegaloita.es/clausura-das-escolas-deportivas-municipais-da-terra-cha/feed/ 0
100 ALUMNOS DO DEZA PARTICIPARON NA PRIMEIRA XORNADA DO XOGALOITA https://www.fegaloita.es/100-alumnos-do-deza-participaron-na-primeira-xornada-do-xogaloita/ https://www.fegaloita.es/100-alumnos-do-deza-participaron-na-primeira-xornada-do-xogaloita/#comments Thu, 19 May 2016 12:23:06 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1151 O proxecto piloto do XOGALOITA, xa ten réplica en tres centros comarcais de referencia de Galicia: 1000 alumnos e alumnas de Vigo, Redondela e Vila de Cruces, están levando a cabo esta actividade pioneira en Galicia, dirixida os alumnos e alumnas de 4º curso de primaria.

Hoxe mércores, 3 centros educativos da zona do Deza con preto de 100 alumnos e alumnas participaron no XOGALOITA no pavillón municipal de Vila de Cruces.
O alumnado dos centros educativos: CPI de Rodeiro, CEIP VICENTE ARIAS de la MAZA de Vilatuxe e CEIP MANUEL RIVERO de Lalín, estiveron acompañados dos seus mestres de educación física, e gozaron dunha xornada de introdución o deporte da Loita Olímpica a través dunha competición adaptada lúdica, para os mais pequenos. A competición desenrolouse mediante 6 xogos de colaboración-oposición, que poden ser por equipos ou individuais. O formato lúdico, permite que sexan xogos divertidos e con pouco compoñente agonístico.
A Xornada de XOGALOITA foi deseñada pola Federación Galega de Loita e o Servizo de Deportes de Pontevedra da Secretaria Xeral para o Deporte, e neste encontro participou de xeito moi activo o Club Keltoi de Vila de Cruces, un referente na comarca, co propósito de achegar este deporte o alumnado de 4º curso de educación Primaria de toda Galicia. A boa acollida e a gran demanda xerada polos propios centros educativos fai que teñamos que ampliar o número de cursos para o vindeiro ano 2017.

]]>
https://www.fegaloita.es/100-alumnos-do-deza-participaron-na-primeira-xornada-do-xogaloita/feed/ 0
XOVES FORMATIVO PARA PROFESORES E ALUMNOS https://www.fegaloita.es/xoves-formativo-para-profesores-e-alumnos/ https://www.fegaloita.es/xoves-formativo-para-profesores-e-alumnos/#comments Wed, 27 Apr 2016 09:32:37 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1130 Este xoves 28 de Abril, a Federación Galega de Loita e D.A. traballando en colaboración co Servizo Provincial de Deportes da SXD e co Centro de Recursos e Formación do Profesorado, levará a cabo dúas actividades formativas.

A PRIMEIRA das actividades, trátase da Xornada de XOGALOITA que foi deseñada pola Federación Galega de Loita e o Servizo de Deportes de Pontevedra da Secretaria Xeral para o Deporte, co propósito de achegar este deporte o alumnado de 4 curso de educación Primaria de 12 centros da area de Vigo.
O principal obxectivo é que a totalidade do alumnado, participe en esta actividade, durante o horario lectivo, compartido con outros compañeiros da mesma idade e curso, pero de outro centro educativo o valor da superación, do esforzo e o traballo en equipo.
A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Pontevedra patrocinadora desta actividade contou coa colaboración nesta ocasión do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, da Agrupación Deportiva Escolar e da Federación Galega de Loita.

A SEGUNDA das actividades desenrolarase nas instalacións do CGTD de Pontevedra, sendo unha actividade formativa para os profesores tanto de primaria como de secundaria de educación física. Severino Gómez Neira, traballará cos docentes actividades de Loita Tradicional Galega, para que sexa o propio profesorado o que teña as ferramentas necesarias para desenrolar esta actividade nas propias sesións de educación física. A formación dos formadores, permítenos espallar o coñecemento do noso deporte e manter viva unha parte da historia recente da nosa cultura tradicional.

]]>
https://www.fegaloita.es/xoves-formativo-para-profesores-e-alumnos/feed/ 0
PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN https://www.fegaloita.es/premio-internacional-de-investigacion/ https://www.fegaloita.es/premio-internacional-de-investigacion/#comments Wed, 27 Apr 2016 08:38:16 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1118 O grupo de traballo creado entre a Universidade de Coruña e a Federación Galega de Loita e D.A. recibe o premio, como mellor póster de investigación no IX Congreso Internacional de la Asociación Española de Ciencias del Deporte, celebrado do 21 – 23 de Abril en Toledo.

O grupo de investigación deportiva, no que traballan de xeito conxunto a Universidade de Coruña e a Federación Galega de Loita e D.A. foi o mais prolífico dos presentados o Congreso Internacional de Toledo. Tanto o Decano da Facultade de CC. Da Actividade Física e o Deporte (Coruña) o Dr. Xurxo Dopico Calvo, como o director do grupo de investigación, o Dr. Eliseo Iglesias Soler, dirixiron neste congreso o meirande éxito académico da nosa historia.
Tras o premio que recaeu no grupo de investigación, da man de Iván Clavel Sanemeterio, tamén obtivemos o recoñecemento como o grupo con maior número de presentacións científicas do congreso.
As investigacións presentadas polos membros da Federación Galega de Loita e D.A. no eido do rendemento deportivo e por outra banda, da financiación pública das Federación Deportivas, obtiveron un éxito unánime da crítica.
O traballo de investigación sobre o rendemento deportivo, tivo como obxecto o análise do grupo de Loitas Olímpicas becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Por outra banda, a base do traballo de financiación pública das Federacións Galegas e Nacionais, tivo por obxecto o seu análise económico dos 10 últimos anos en termos de eficiencia. Os autores de ambas investigacións, Iván Castro Seoane, Nicolás Castro Seoane, Eduardo Carballeria e Pablo Pintos Figueroa, seguen traballando na liña de rendemento deportivo do grupo de investigación da UDC.

]]>
https://www.fegaloita.es/premio-internacional-de-investigacion/feed/ 0
XORNADA SUR DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/xornada-sur-da-liga-de-deporte-de-base-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/xornada-sur-da-liga-de-deporte-de-base-de-loitas-olimpicas/#comments Wed, 20 Apr 2016 15:06:43 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1112 O pavillón municipal de Candeán, en Vigo, acollerá este vindeiro sábado 23 de Abril, a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, dende as 10:30 ata as 12:30 horas.

A Competición, con carácter lúdico-deportivo, congregará os mellores Clubs da zona sur de Galicia. Os Clubs que están a traballar arreo na promoción e difusión das Loitas Olímpicas son: Club Kuzushi de Vigo, Club El Castro de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club San Ignacio de Vigo, Club Sabarís de Baiona, Club de Loita Pontevedra, Club de Loita do Morrazo e Club A Cambadela de A Estrada.

Esta actividade acolle a rapaces e rapazas de entre 6 e os 12 anos, que competirán por equipos, buscando unha praza para a xornada final da Liga. Esta é unha competición adaptada para os mais pequenos, tentando que gocen do deporte e en especial das Loitas Olímpicas.

]]>
https://www.fegaloita.es/xornada-sur-da-liga-de-deporte-de-base-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
500 ALUMNOS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE VIGO PARTICIPARÁN NA ACTIVIDADE XOGALOITA https://www.fegaloita.es/500-alumnos-dos-centros-educativos-de-vigo-participaran-na-actividade-xogaloita/ https://www.fegaloita.es/500-alumnos-dos-centros-educativos-de-vigo-participaran-na-actividade-xogaloita/#comments Thu, 14 Apr 2016 14:22:05 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1110 Todos os xoves dos meses de Abril e Maio, no pavillón deportivo de Valadares, terá lugar as xornadas da I Liga Escolar XOGALOITA, pioneira en España, na que participan 12 centros educativos da area de influencia de Vigo.
Os primeiros 4 cursos de Educación Primaria, que participaron nestas primeiras xornadas foron:
– CEIP Sobreira Valladares.
– CEP Valladares Igrexa.
– CEIP Mercantil.
– CEIP Coutada-Beade.

O alumnado destes centros , acompañados dos seus mestres de educación física gozaron dunha xornada de introdución o deporte da Loita Olímpica a través dunha competición adaptada lúdica, para os mais pequenos.
A Xornada de XOGALOITA foi deseñada pola Federación Galega de Loita e o Servizo de Deportes da Secretaria Xeral, co propósito de achegar este deporte o alumnado de 4 curso de educación Primaria.
O principal obxectivo é que a totalidade do alumnado, participe en esta actividade, durante o horario lectivo, compartido con outros compañeiros da mesma idade e curso, pero de outro centro educativo o valor da superación, do esforzo e o traballo en equipo.
A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Pontevedra patrocinadora desta actividade contou coa colaboración nesta ocasión do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, da Agrupación Deportiva Escolar e da Federación Galega de Loita.

]]>
https://www.fegaloita.es/500-alumnos-dos-centros-educativos-de-vigo-participaran-na-actividade-xogaloita/feed/ 0
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DOS CLUBS DE LOITA https://www.fegaloita.es/actividades-de-promocion-dos-clubs-de-loita/ https://www.fegaloita.es/actividades-de-promocion-dos-clubs-de-loita/#comments Thu, 03 Mar 2016 11:52:41 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1054 As actividades de promoción deportiva levadas a cabo polos diferentes Clubs de Loitas Olímpicas o longo de toda a xeografía Galega, continúan paso a paso, difundindo e relacionando o noso deporte co sistema educativo.

Cada vez son mais numerosas as actividades de Lotitas Olímpicas, tanto nos centros educativos de primaria como nos centros de secundaria, ou na propia universidade. A loita está medrando a bo ritmo, grazas o incansable traballo dos Clubs de Loitas Olímpicas e os seus técnicos deportivos.

]]>
https://www.fegaloita.es/actividades-de-promocion-dos-clubs-de-loita/feed/ 0