FEGALOITA » Federacion https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Mon, 06 Feb 2023 16:20:59 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 RESULTADOS DO TORNEO INTERNACIONAL HENRI DEGLANE, NIZA (FRANCIA). https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/ https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/#comments Mon, 18 Jan 2021 12:06:52 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=3024 Primeira actividade do ano 2021, para os deportistas Galegos coa selección nacional absoluta. Un dos torneos mais duros, tras a inactividade sobrevida pola crise sanitaria.

 

Do 15 ó 17 de Xaneiro, tivo lugar o prestixioso torneo internacional Henri Deglane, en Niza (Francia), onde os deportistas Galegos, participaron tras o longo parón provocado pola crise sanitaria da COVID.

Non foi un torneo con bos resultados, pero si que foi un torneo para tratar de recuperar de novo a actividade deportiva de alto nivel.

Os deportistas Galegos convocados pola Federación Española, e os seus resultados foron:

  • Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra (-62 kg), finalizou en 9º lugar. Lydia Pérez cedeu por puntos ante Luisa Helga (GER) que a postre sería medalla de bronce e na repesca contra Sara da Col (ITA) pola mínima.
  • Nerea Pampín do Club Keltoi de Vila de Cruces (-68 kg), finalizou en 9º lugar. Nerea cedeu o primeiro combate contra KEndra Dacher (FRA), e na repesca venceu a Nur Gok (TUR) e na seguinte rolda caeu fronte a Asli Demir (TUR).
  • Damián Iglesias do Club Loita Touro (-86 kg), finalizou en 7º lugar. Damián caeu en primeira rolda fronte a Dato Marshagashvili (GEO), venceu na seguinte rolda a Benjamín Greil (AUT) e caeu fronte a Zahid Valencia (EEUU).
  • Jose Cuba Vázquez do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba (-125 kg), finalizou en 7º posto tras caer en primeira rolda fronte o campión do mundo Geno Petriashsvili (GEO) e na repesca fronte a AShgar Laghari (GER).

A falta de competicións foi un lastre para o equipo Español, que acusou sobremaneira este hándicap. O horizonte dos clasificatorios para Tokio, están a volta da esquina. Os nosos deportistas continúan coa súa preparación.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!!!

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/feed/ 0
3 GALEGAS NA CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE BERLÍN https://www.fegaloita.es/3-galegas-na-concentracion-internacional-de-berlin/ https://www.fegaloita.es/3-galegas-na-concentracion-internacional-de-berlin/#comments Mon, 11 Nov 2019 15:49:00 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2670 Do 11 ó 15 de Novembro, as deportistas Galegas: Lydia Pérez Touriño do Club de Loita Pontevedra, Nerea Pampín Blanco do Club Keltoi de Vila de Cruces e Nerea Iglesias Campos da Escola Ayude de Santiso, participarán na concentración internacional, que a Federación Alemana de Loita, organiza en Berlín.

Esta concentración internacional, só é de LOITA FEMININA, e en ela participan as mellores deportistas júnior do mundo. É unha referencia a nivel internacional. As nosas atletas, viaxan representando a Federación Galega de Loita, como única representación Española en este evento internacional.

De este xeito, a Federación Galega de Loita, continúa coas súas actividades internacionais e de formación das categorías previas a absoluta. Apostando pola continuidade formativa dos seús atletas.

Esta actividade, forma parte da preparación das atletas de cara o campionato de España por Comunidades Autónomas, que terán lugar en Madrid o 15 e 16 de Novembro.

]]>
https://www.fegaloita.es/3-galegas-na-concentracion-internacional-de-berlin/feed/ 0
GALICIA ACUDE AL CTO. DE ESPAÑA POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS https://www.fegaloita.es/galicia-acude-al-cto-de-espana-por-comunidades-autonomas/ https://www.fegaloita.es/galicia-acude-al-cto-de-espana-por-comunidades-autonomas/#comments Mon, 11 Nov 2019 10:18:53 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2667 A selección Galega de Loitas Olímpicas, acude o Cto. de España por CCAA, que terá lugar en Madrid o 15 e 16 de Novembro, nas instalacións do Consejo Superior de Deportes de Madrid.

Galicia acude a esta cita nacional para defender a súa condición de CAMPIOA, que acadou no ano 2018.

Durante esta tempada 2019, a selección Galega absoluta, voltou a quedar no primerio posto nacional:

1º- Federación Galega de Loita con 318 pts.

2º- Federación Andaluza de Loita con 296 pts.

3º- Federación Madrileña de Loita con 262 pts.

O equipo que representará a Galicia, nesta competición nacional é:

– Libre Olímpica: Rafaél Alvarez (San Ignacio), Damián Iglesias (Touro) e Arón Ayude (Ayude).

– Libre Feminina: Cristina Alves (Ciudad de Vigo), Lydia Pérez (Pontevedra) e Nerea Pampín (Keltoi).

– Grecorromana: Anxo Uzal (Sabarís), Santiago Sánchez (Keltoi) e Nicolás López (Lugo)

– Árbitros: Ángel Amor e Marcos Araujo.

– Técnicos: Rubén Méndez, Marcos Miragaya e Pablo Pintos.

]]>
https://www.fegaloita.es/galicia-acude-al-cto-de-espana-por-comunidades-autonomas/feed/ 0
6 GALEGOS O TORNEO INTERNACIONAL DE NEGREPELISSE (FRA) https://www.fegaloita.es/6-galegos-o-torneo-internacional-de-negrepelisse-fra/ https://www.fegaloita.es/6-galegos-o-torneo-internacional-de-negrepelisse-fra/#comments Wed, 16 Oct 2019 11:54:43 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2648 6 Galegos participarán do 18 ó 20 de Outubro, no torneo internacional de Negrepelisse (FRA).

A Federación Galega de Loita e D.A. despraza a Francia, a varios dos deportistas becados no CGTD de Pontevedra, como parte da súa formación, de cara a esta nova tempada. Os deportistas convocados pola Federación Galega de Loita son:

Nerea Iglesias Campos Ayude 2003 Libre Femenina 73 kg cadete
Christian Suárez Barros Sabaris 2002 Libre Olímpica 74 kg junior
Saul Bello Álvarez San Ignacio 2003 Libre Olímpica 65 kg cadete
David González Sil Sabaris 2002 Libre Olímpica 57 kg junior
Santiago Sáncghez Keltoi Esp Libre Olímpica 86 kg junior
Rubén Méndez Galicia Técnico

Especial mención recibe, Santiago Sánchez Varela (KEL), convocado pola Selección Nacional júnior, para participar neste evento, como un dos principais referentes do equipo nacional.

O fronte da selección Galega, viaxa o técnico Rubén Méndez Lois (Vila de Cruces), para dirixir os nosos deportistas.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/6-galegos-o-torneo-internacional-de-negrepelisse-fra/feed/ 0
CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL U-23 DA SELECCIÓN NACIONAL https://www.fegaloita.es/concentracion-internacional-u-23-da-seleccion-nacional/ https://www.fegaloita.es/concentracion-internacional-u-23-da-seleccion-nacional/#comments Tue, 17 Sep 2019 10:55:43 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2619 O Centro de Alto Rendemento (CAR) de Madrid, acollerá do 27 ó 29 de Setembro a concetración internacional para os deportistas U-23 (SUB-23), con opcións de participar no mundial do mes de Outubro.

Os deportistas Galegos convocados polos seleccionadores de Loita Libre Olímpica e Loita Feminina son:

– Feminina: Lydia Pérez -62 kg (Club Loita Pontevedra) e Nerea Pampín -65 kg (Club Keltoi de Vila de Cruces).

– Masculina: Rafael Álvarez -70 kg (Club San Ignacio de Vigo). Temos que lamentar as baixas por lesión dos convocados Carlos Yobani García -65 kg e Ramón Monasterio -97 kg (Ambos do Club de Loita Vilalba).

O fronte da convocatoria e da dirección dos adestramentos, estará o seleccionador nacional U-23 Pablo Pintos Figueroa (Vigo, 1978).

O principal obxectivo de esta concentración é seleccionar os deportistas que representará a España no Campionato do Mundo U-23 que terá lugar a finais de Outubro en Budapest (HUN).

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/concentracion-internacional-u-23-da-seleccion-nacional/feed/ 0
NEREA PAMPÍN ACUDE O MUNDIAL JÚNIOR https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/ https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/#comments Mon, 12 Aug 2019 14:02:56 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2600 A deportista Nerea Pampín Blanco, do Club Keltoi de Vila de Cruces e becada no CGTD de Pontevedra, participará no mundial júnior de Loitas Oímpicas do 13 o 18 de Agosto, en Tallinn (Estonia).

O pavillón de Tondiraba Jäähall, sito na cidade de Tallinn, será o escenario de este mundial júnior, o que so viaxan 2 deportistas representando a nosa selección nacional: Nerea Pampín en -65 kg e María Victoria Báez en -57 kg (MAD).

Ambas deportistas clasificáronse para a cita mundialista, no Cto. De Europa júnior organizado en Pontevedra no mes de Xuño. Baez acadou a medalla de bronce e Pampín perdeu na Loita pocas preseas, rematando en 7º lugar.

Agardemos que teñan a mellor das sortes, nesta cita mundial!

]]>
https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/feed/ 0
3 GALEGOS NO TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI DE POLONIA https://www.fegaloita.es/3-galegos-no-torneo-internacional-ziolkowski-de-polonia/ https://www.fegaloita.es/3-galegos-no-torneo-internacional-ziolkowski-de-polonia/#comments Tue, 23 Jul 2019 11:53:04 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2591 3 deportistas GALEGOS, foron convocados coas seleccións nacionáis absolutas, para participar no TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI, e a posterior concentración, que terá lugar en Varsovia (POL), do 1 ó 5 de Agosoto.

Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra participará en -62kg, Nerea Pampín do Keltoi de Vila de Cruces en -65 kg e Damián Iglesias Vilela do Club de Loita Touro en -86 kg, serán os 3 representantes GALEGOS.

Info:

https://unitedworldwrestling.org/event/ziolkowski-pytlasinski-poland-open-1

Esta competición, ten como obxectivo preprar os deportistas de cara os campionatos do mundo júnior, SUB23 e absolutos de Loitas Olímpicas de este ano 2019. Temos que recordar, que o mundial sénior de este ano 2019, xa é clasificatorio para Tokio 2020.

A gran ausencia de esta competición será a de Jose Cuba, convocado tras a sua brillante actuación no Gran Premio de España onde se colgou o bronce tras vencer a Puerto Rico e Canadá, pero que continuará a súa preparación de cara o Mundial no seu Club en Vilalba co Sparring Ukraniano Sergey Priadum.

Agardemos que teñan a mellor das sortes.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/3-galegos-no-torneo-internacional-ziolkowski-de-polonia/feed/ 0
CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA DE GRAPPLING EN SANTIAGO https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/ https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/#comments Fri, 11 Jan 2019 09:29:47 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2375 O vindeiro sábado 19 de Xaneiro, terá lugar no pavillón do Restollal de Santiago de Compostela, en xornada de tarde, de 17:00 a 21:00 horas.

Esta concentración ten como obxectivo preparar os deportistas Galegos de cara o Cto. de España que terá lugar en Sagunto, Valencia, a mediados de Febreiro.

Os técnicos Galegos, seguen a traballar arreo, pola formación das diferentes seleccións Galegas, contando dende o deporte base ata a categoría absoluta.

]]>
https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/feed/ 0
2 GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA NA CONCENTRACIÓN DE PARÍS https://www.fegaloita.es/2-galegos-convocados-coa-seleccion-nacional-absoluta-na-concentracion-de-paris/ https://www.fegaloita.es/2-galegos-convocados-coa-seleccion-nacional-absoluta-na-concentracion-de-paris/#comments Wed, 19 Dec 2018 09:48:39 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2354 2 deportistas Galegos, convocados coa selección nacional absoluta de Loita Libre Olímpica, para participar na concentración do 16 ó 21 de Decembro no INSEP de París (Francia).

Os deportistas Pablo García García do Club de Loita Pontevedra, e Damián Iglesias Vilela do Club de Loita Touro, participan na concentración internacional de París, de cara a preparar as primeiras actividades do ano 2019.

Pablo García adestra no CGTD de Pontevedra, dentro do grupo de rendemento. Pola súa banda, Damián Iglesias, adestra no CTD Illes Balears de Palma de Mallorca, grazas a colaboración da Federación Balear de Luchas Olímpicas.

Ambos deportistas teñen como obxectivo clasificarse para Tokio 2020!

]]>
https://www.fegaloita.es/2-galegos-convocados-coa-seleccion-nacional-absoluta-na-concentracion-de-paris/feed/ 0
CONCENTRACIÓN NACIONAL SUB23 E JÚNIOR NO CAR DE MADRID https://www.fegaloita.es/concentracion-nacional-sub23-e-junior-no-car-de-madrid/ https://www.fegaloita.es/concentracion-nacional-sub23-e-junior-no-car-de-madrid/#comments Wed, 12 Dec 2018 14:18:26 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2335 Dous Galegos traballan coa selección nacional no Centro de Alto Rendemento de Madrid, na concentración internacional de Loitas Olímpicas.

Do 10 ó 15 de Decembro, Carlos Yobanni García do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, permanece concentrado coa Selección nacional SUB23 de Loitas Olímpicas. A concentración internacional co equipo de Georgia, forma parte da preparación dos deportistas de cara o Torneo Nacional San Blas de Madrid e a concentración internacional no INSEP de París de final de ano.

O fronte da concentración está Pablo Pintos Figueroa, como seleccionador nacional SUB23, que valora de xeito “moi positivo a cantidade de actividades de formación, nas que estamos participando neste fin de ano”; “a nosa prioridade é mobilizar o maior número de deportistas entre concentracións e competicións”.

O bo trabarlo dos Clubs Galegos, e do CGTD de Pontevedra, facilitan a selección dos deportistas Galegos, cos diferentes equipos nacionais.

Pablo Pintos afirma que “nunca tivemos a tantos deportistas Galegos, convocados coas diferentes seleccións Españolas”, o que amosa un elevado nivel nas Loitas Olímpicas en Galicia.

]]>
https://www.fegaloita.es/concentracion-nacional-sub23-e-junior-no-car-de-madrid/feed/ 0