FEGALOITA » Loita Grapplin https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Mon, 06 Feb 2023 16:20:59 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING E MMA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/#comments Mon, 11 Nov 2019 09:29:10 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2661 O vindeiro sábado 16 de Novembro, terá lugar na cidade de A Coruña, o campionato Galego de Grappling e MMA no pavillón municipal de Labañou, valedeiro para participar no campionato de España das modalidades.

Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego das CATEGORÍAS BASE e SÉNIOR de Loita Grappling e MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: categorías base e sénior de Grappling. Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Data de inscrición: antes das 12:00 horas do venres 8 de Novembro de 2019.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • Grappling:  De 10:00 a 13:30 horas. Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e bronce para o terceiro clasificado.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirán medallas.
  • Tódolos participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/feed/ 0
CAMPIONATO DE GRAPPLING e MMA EN PORRIÑO https://www.fegaloita.es/campionato-de-grappling-e-mma-en-porrino/ https://www.fegaloita.es/campionato-de-grappling-e-mma-en-porrino/#comments Tue, 17 Sep 2019 10:45:26 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2616 O vindeiro sábado 28 de Setembro, o concello de Porriño acolle o cto. de Grappling e MMA, que terá lugar durante as FESTAS DO CRISTO, na praza ANTONIO PALACIOS do Concello.

Esta actividade orientada a iniciación dará cabida a todos os inscritos nos diferentes grupos de idade, fomentado estas modalidades deportivas dentro das escolas do concello de Porriño.

Esta competición será o pistoletazo de saída da nova tempada deportiva 2019/20.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-de-grappling-e-mma-en-porrino/feed/ 0
CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA DE GRAPPLING EN SANTIAGO https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/ https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/#comments Fri, 11 Jan 2019 09:29:47 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2375 O vindeiro sábado 19 de Xaneiro, terá lugar no pavillón do Restollal de Santiago de Compostela, en xornada de tarde, de 17:00 a 21:00 horas.

Esta concentración ten como obxectivo preparar os deportistas Galegos de cara o Cto. de España que terá lugar en Sagunto, Valencia, a mediados de Febreiro.

Os técnicos Galegos, seguen a traballar arreo, pola formación das diferentes seleccións Galegas, contando dende o deporte base ata a categoría absoluta.

]]>
https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/feed/ 0
RESULTADOS DA LIGA GALEGA DE GRAPPLING CELEBRADA EN RIANXO https://www.fegaloita.es/resultados-da-liga-galega-de-grappling-celebrada-en-rianxo/ https://www.fegaloita.es/resultados-da-liga-galega-de-grappling-celebrada-en-rianxo/#comments Mon, 07 May 2018 09:42:42 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2053 Este pasado sábado 5 de Maoi, tivo lugar no Concello de Rianxo a Liga Galega de Grappling, tanto nas categorías base como na categoría absoluta. A competición organizada por Carlos Fabián Thiebaut, tivo moi boa acollida, entre os clubs Galegos.

A clasificación final desta xornada de Liga foi:

1º- Club Independiente Vigo con 53 puntos.

2º- Club Núcleo con 38 puntos.

3º- Club Reposo con 33 puntos.

4º- Club CAMM de Santiago de Compostela con 29 puntos.

5º- Club Rianxo con 18 puntos.

6º- Club de Loita O Morrazo con 16 puntos.

Felicitar os Clubs polo seu traballo e agardando a próxima xornada de Liga.

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-da-liga-galega-de-grappling-celebrada-en-rianxo/feed/ 0
LIGA DE GRAPPLING: DEPORTE BASE https://www.fegaloita.es/liga-de-grappling-deporte-base/ https://www.fegaloita.es/liga-de-grappling-deporte-base/#comments Mon, 12 Mar 2018 16:28:00 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1966 O vindeiro sábado 7 de Abril, terá lugar no pavillón municipal de Rianxo (Coruña), unha xornada da Liga Galega de Grappling, organizada por Carlos Fabián Thiebaut.

Esta actividade, que engloba as categorías inferiores, ven apostando polo cambio no modelo deportivo e fomentando as categorías de deporte en idade escolar para dinamizar o Grappling en Galicia.

A primeira hora da tarde, competirán os mais pequenos, quedando a categoría absoluta para a última hora de tarde.

Este tipo de iniciativas, son as que crean afección nos deportistas, dando saída o talento deportivo agachado en Galicia. Agradecer a colaboración do Concello de Rianxo.

Agardamos que sexa un éxito!

]]>
https://www.fegaloita.es/liga-de-grappling-deporte-base/feed/ 0
RESULTADOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE GRAPPLING e GI-GRAPPLING https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/ https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/#comments Mon, 26 Feb 2018 15:16:35 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1899 Unha medalla de ouro, duas pratas e medallas de bronce, son os bos resultados das seleccións Galegas de Grappling e Gi-Grappling, nos pasados campionatos de España celebrados o 24 e 25 de Febreiro en Sagunto (Valencia).

A actuación mais destacada destos campioantos nacionais, foi a irrupción das CATEGORÍAS BASE nos campionatos de España. As categorías escolar, cadete e júnior. Por outra banda, destacar a inclusión da categoría veteranos a nivel nacional, como mecanismo de continuidade da vida deportiva dos mais lonxevos no deporte.

O bo traballo dos 3 clubs Galegos desprazados a Sagunto (Valencia), sirve de acicate na promoción e difusión do Grapping a nivel Galego, tendo como referencia os bos resultados no ámbito nacional.

Destacar o bo nivel dos colexiados Galegos, convocados pola Federación Española para dirixir estos campionatos foron: Ángel Amor, Carlos Fabián Thiebaut e Jose Allariz, buscarán en breve o salto a categoría internacional.

O listado completo de resultados individuais, por equipos e por seleccions aquí.

 

 

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/feed/ 0
DÍA DO DEPORTE NA RÚA DE A CORUÑA https://www.fegaloita.es/dia-do-deporte-na-rua-de-a-coruna/ https://www.fegaloita.es/dia-do-deporte-na-rua-de-a-coruna/#comments Wed, 28 Jun 2017 13:41:51 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1628 O 18 de Xuño, tivo lugar o Día do Deporte na Rúa de A Coruña, para a dinamización do tecido asociativo e deportivo da cidade. Amosar as modalidades deportivas, e facer actividades participativas, para enganchar os mais novos a práctica deportiva é a súa máxima.

O Club Graiño Team de A Coruña, levou a cabo un taller de promoción e difusión do Grappling para todos os asistentes. O traballo do Club, de David GRaiño, e o bo tempo, durante a xornada do domingo, fixo un éxito da actividade desenrolada.

]]>
https://www.fegaloita.es/dia-do-deporte-na-rua-de-a-coruna/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING e MMA. SÁBADO 4 DE FEBREIRO EN A CORUÑA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-sabado-4-de-febreiro-en-a-coruna/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-sabado-4-de-febreiro-en-a-coruna/#comments Fri, 20 Jan 2017 09:40:15 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1443 A Coruña acollerá o campionato Galego de Grappling e MMA o vindeiro sábado 4 de Febreiro, no frontón da cidade deportiva da Torre (A Coruña).

O Campionato Galego será en categoría absoluta, tanto para a categoría masculina como para a feminina. Os mellores Clubs Galegos daránse cita nesta competición coas vistas postas nos campionatos de España do 2017, que terán lugar en Cáceres.

Moitos dos deportistas que participan nesta cita, teñen unha ampla experiencia tanto a nivel autonómico como a nivel nacional, polo que as medallas están cada ano mais caras para todos os deportistas.

Temos que agradecer a colaboración do Concello de A Coruña, xa xestión da instalación, así como do Club Graiño na coorganización do evento e dos patrocinadores que fan posible este campionato Galego.

Toda a información do campionato está neste link.

Así como a folla de inscrición.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-sabado-4-de-febreiro-en-a-coruna/feed/ 0
CLINIC NACIONAL DE ARBITRAXE https://www.fegaloita.es/clinic-nacional-de-arbitraxe/ https://www.fegaloita.es/clinic-nacional-de-arbitraxe/#comments Mon, 19 Dec 2016 10:33:26 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1419 A Federación Galega de Loita e D.A. organizou xunto coa Federación Española un Clinic Nacional para árbitros nas instalacións do CGTD de Pontevedra o pasado sábado 17 de Decembro.

 

Este foi o segundo clinic nacional que se organizou nas instalacions do CGTD de Pontevedra durante este mes de Decembro. A colaboración entre a Federación Galega e a Federación Nacional de Loitas Olímpicas continua a dar novos froitos en canto a organización de eventos deportivos e formativos.

Este novo Clinic de ascenso a árbitro nacional tivo como obxectivo a formación de novos colexiados e a especialización dos existentes para as modalidades de Loita Grappling e MMA. O aumento das actividades formativas o longo do ano, atende a unha clara liña de traballo de calidade da Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. Por outra banda, o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces de Loitas Olímpicas, está a facer un profundo traballo de renovación e reciclaxe entre os membros do mesmo. Cada vez son mais as actividades específicas para cada unha das modalidades deportivas que se están a organizar dentro do calendario deportivo anual.

Por outra banda, temos que agradecer a colaboración do CGTD de Pontevedra na cesión das instalacións e do Concello de Pontevedra, moi vinculado coas actividades deportivas e formativas.

Os encargados de dirixir o Clinic nacional foron Ángel Amor e Carlos Fabián Tihebaut, ambos árbitros de máximo nivel. A Federación Galega continuará organizando eventos formativos de este calado para o próximo ano 2017.

]]>
https://www.fegaloita.es/clinic-nacional-de-arbitraxe/feed/ 0
DÍA DO DEPORTE NA RÚA EN A CORUÑA: DOMINGO 19 DE XUÑO. https://www.fegaloita.es/dia-do-deporte-na-rua-en-a-coruna-domingo-19-de-xuno/ https://www.fegaloita.es/dia-do-deporte-na-rua-en-a-coruna-domingo-19-de-xuno/#comments Thu, 16 Jun 2016 12:30:13 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1207 Este vindeiro domingo 19 de Xuño, dende as 10:30 ata as 13:30 horas, terá lugar na explanada do estadio de Riazor, o DÍA DO DEPORTE NA RÚA 2016.

Como en anos anteriores, para levar a cabo esta actividade de promoción e difusión das actividades deportivas levadas a cabo na cidade de A Coruña, contaremos de novo coa inestimable colaboración do Club Graiño Team de A Coruña.
David Graiño Lema, adestrador do Club, desenrolará as actividades no tapiz situado diante do estadio de Riazor dende as 12:30 ata as 13:30 horas.
Esta actividade forma parte da idea de achegar o deporte a toda a xente que desexe participar, con ou sen experiencia previa. É unha xornada lúdica na que poderemos atopar a nenos e nenas con moi pouca idade ata os mais veteranos do deporte.
Queremos animarvos a que participedes tod@s!

]]>
https://www.fegaloita.es/dia-do-deporte-na-rua-en-a-coruna-domingo-19-de-xuno/feed/ 0