FEGALOITA » Senior https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Wed, 07 Jun 2023 15:22:25 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.38 RESULTADOS DO TORNEO INTERNACIONAL HENRI DEGLANE, NIZA (FRANCIA). https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/ https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/#comments Mon, 18 Jan 2021 12:06:52 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=3024 Primeira actividade do ano 2021, para os deportistas Galegos coa selección nacional absoluta. Un dos torneos mais duros, tras a inactividade sobrevida pola crise sanitaria.

 

Do 15 ó 17 de Xaneiro, tivo lugar o prestixioso torneo internacional Henri Deglane, en Niza (Francia), onde os deportistas Galegos, participaron tras o longo parón provocado pola crise sanitaria da COVID.

Non foi un torneo con bos resultados, pero si que foi un torneo para tratar de recuperar de novo a actividade deportiva de alto nivel.

Os deportistas Galegos convocados pola Federación Española, e os seus resultados foron:

  • Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra (-62 kg), finalizou en 9º lugar. Lydia Pérez cedeu por puntos ante Luisa Helga (GER) que a postre sería medalla de bronce e na repesca contra Sara da Col (ITA) pola mínima.
  • Nerea Pampín do Club Keltoi de Vila de Cruces (-68 kg), finalizou en 9º lugar. Nerea cedeu o primeiro combate contra KEndra Dacher (FRA), e na repesca venceu a Nur Gok (TUR) e na seguinte rolda caeu fronte a Asli Demir (TUR).
  • Damián Iglesias do Club Loita Touro (-86 kg), finalizou en 7º lugar. Damián caeu en primeira rolda fronte a Dato Marshagashvili (GEO), venceu na seguinte rolda a Benjamín Greil (AUT) e caeu fronte a Zahid Valencia (EEUU).
  • Jose Cuba Vázquez do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba (-125 kg), finalizou en 7º posto tras caer en primeira rolda fronte o campión do mundo Geno Petriashsvili (GEO) e na repesca fronte a AShgar Laghari (GER).

A falta de competicións foi un lastre para o equipo Español, que acusou sobremaneira este hándicap. O horizonte dos clasificatorios para Tokio, están a volta da esquina. Os nosos deportistas continúan coa súa preparación.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!!!

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/feed/ 0
GALICIA ACUDE AL CTO. DE ESPAÑA POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS https://www.fegaloita.es/galicia-acude-al-cto-de-espana-por-comunidades-autonomas/ https://www.fegaloita.es/galicia-acude-al-cto-de-espana-por-comunidades-autonomas/#comments Mon, 11 Nov 2019 10:18:53 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2667 A selección Galega de Loitas Olímpicas, acude o Cto. de España por CCAA, que terá lugar en Madrid o 15 e 16 de Novembro, nas instalacións do Consejo Superior de Deportes de Madrid.

Galicia acude a esta cita nacional para defender a súa condición de CAMPIOA, que acadou no ano 2018.

Durante esta tempada 2019, a selección Galega absoluta, voltou a quedar no primerio posto nacional:

1º- Federación Galega de Loita con 318 pts.

2º- Federación Andaluza de Loita con 296 pts.

3º- Federación Madrileña de Loita con 262 pts.

O equipo que representará a Galicia, nesta competición nacional é:

– Libre Olímpica: Rafaél Alvarez (San Ignacio), Damián Iglesias (Touro) e Arón Ayude (Ayude).

– Libre Feminina: Cristina Alves (Ciudad de Vigo), Lydia Pérez (Pontevedra) e Nerea Pampín (Keltoi).

– Grecorromana: Anxo Uzal (Sabarís), Santiago Sánchez (Keltoi) e Nicolás López (Lugo)

– Árbitros: Ángel Amor e Marcos Araujo.

– Técnicos: Rubén Méndez, Marcos Miragaya e Pablo Pintos.

]]>
https://www.fegaloita.es/galicia-acude-al-cto-de-espana-por-comunidades-autonomas/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO DE MMA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/#comments Mon, 11 Nov 2019 09:39:11 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2664 Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego categoría Sénior de MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • Durante o Cto. Galego de MMA, levaránse a cabo varios combates de suficiencia, FORA DE COMPETICIÓN, de Grappling-Gi:

Regulamento Grappling-Gi: 

http://www.felucha.com/components/com_remository_files/downloads/reglamento-nacional-de-grapplingjunio2017_1508138921.pdf

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING E MMA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/#comments Mon, 11 Nov 2019 09:29:10 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2661 O vindeiro sábado 16 de Novembro, terá lugar na cidade de A Coruña, o campionato Galego de Grappling e MMA no pavillón municipal de Labañou, valedeiro para participar no campionato de España das modalidades.

Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego das CATEGORÍAS BASE e SÉNIOR de Loita Grappling e MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: categorías base e sénior de Grappling. Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Data de inscrición: antes das 12:00 horas do venres 8 de Novembro de 2019.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • Grappling:  De 10:00 a 13:30 horas. Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e bronce para o terceiro clasificado.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirán medallas.
  • Tódolos participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/feed/ 0
LYDIA PÉREZ CONCENTRADA PARA O MUNDIAL ABSOLUTO https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-para-o-mundial-absoluto/ https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-para-o-mundial-absoluto/#comments Tue, 03 Sep 2019 12:47:52 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2602 A deportista Pontevedresa Lydia Pérez Touriño, do Club de Loita Pontevedra e becada no CGTD de Pontevedra, onde adestra no grupo de rendemento as ordes de Marcos Miragaya, permanecerá concentrada do 4 ó 14 de Setembro na cidade de Nur-Sultán (KAZ), de cara a preparar a súa participación no mundial absoluto de Loitas Olímpicas.

Esta concentración previa o mundial, axudará a Lydia Pérez a aclimatarse de cara a cita mundialista. Primeira oportunidade para clasificarse para os XXOO de Tokio 2020.

As datas para o Mundial absoluto son do 14 ó 22 de Setembro, na mesma cidade de Nur-Sultan (KAZ). A esta cita tamén acudirá o deportista Galego Jose Cuba Vázquez.

A representación Galega no Mundial será a cargo de Lydia Pérez en -62kg e Jose Cuba Vázquez en -125kg.

Pola súa banda, Jose Cuba Vázquez prepara a súa participación no sea club de orixe, Loita Olímpica Vilalba, contando coa presenza do técnico Ukraniano: Sergey Priadum.

Mais info do mundial absoluto na web oficial:

https://unitedworldwrestling.org/event/world-championships-36

 

]]>
https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-para-o-mundial-absoluto/feed/ 0
CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA DE GRAPPLING EN SANTIAGO https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/ https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/#comments Fri, 11 Jan 2019 09:29:47 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2375 O vindeiro sábado 19 de Xaneiro, terá lugar no pavillón do Restollal de Santiago de Compostela, en xornada de tarde, de 17:00 a 21:00 horas.

Esta concentración ten como obxectivo preparar os deportistas Galegos de cara o Cto. de España que terá lugar en Sagunto, Valencia, a mediados de Febreiro.

Os técnicos Galegos, seguen a traballar arreo, pola formación das diferentes seleccións Galegas, contando dende o deporte base ata a categoría absoluta.

]]>
https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/feed/ 0
TORNEO LOITA GRECORROMANA EN FINLANDIA https://www.fegaloita.es/torneo-loita-grecorromana-en-finlandia/ https://www.fegaloita.es/torneo-loita-grecorromana-en-finlandia/#comments Tue, 11 Dec 2018 14:34:53 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2331 Rematou o Torneo Internacional ARVO HAAVISTO TOURNAMENT (ILMAJOKI, FINLAND), no que o deportista Nicolás López do Club de Loita Lugo, caeu en primeira rolda contra o representante Ruso, que o afastou da loita polas medallas.

Pola súa contra, o árbitro Marcos Araujo Pereira do Club San Ignacio de Vigo, amosou as súas credenciais, de cara o ascenso a máxima categoría internacional. Sendo a referencia da arbitraxe no prestixioso torneo internacional.

Agora Nicolás López, permanecerá concentrado en Ilmajoki, ata o 15 de Decembro, adestrando cos mellores deportistas internacionais da súa categoría de peso, como o resto do equipo nacional absoluto de loita grecorromana.

]]>
https://www.fegaloita.es/torneo-loita-grecorromana-en-finlandia/feed/ 0
4 GALEGOS A CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE PARÍS https://www.fegaloita.es/4-galegos-a-concentracion-internacional-de-paris/ https://www.fegaloita.es/4-galegos-a-concentracion-internacional-de-paris/#comments Sun, 25 Nov 2018 09:47:45 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2292 4 deportistas Galegos, convocados coa selección Nacional absoluta para participar do 25 ó 30 de Novembro na concentración internacional de LOITAS Olímpicas no IESEP de París (Francia)

Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra, Nerea Pampín do Club Keltoi de Vila de Cruces, Pablo García do Club de Loita Pontevedra e Damián Iglesias do Club de Loita Touro, afinarán a súa preparación no IESEP de París.

Estas actividades de formación, son unha posta a punto neste comezo de templada.

]]>
https://www.fegaloita.es/4-galegos-a-concentracion-internacional-de-paris/feed/ 0
UN COMBINADO GALEGO ACODE O GRAN SLAM DE BRAGA, EN PORTUGAL https://www.fegaloita.es/un-combinado-galego-acode-o-gran-slam-de-braga-en-portugal/ https://www.fegaloita.es/un-combinado-galego-acode-o-gran-slam-de-braga-en-portugal/#comments Fri, 16 Nov 2018 12:18:16 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2270 Galicia acode o Gran Slam de Braga de Loitas Olímpicas, que terá lugar no Pavilhão Gimnodesportivo de Mire de Tibães (Braga, Portugal), o sábado día 17 de Novembro de 2018, nas categorías de deporte base, escolar, cadete e júnior/sénior.

O combinado Galego estará formado por mais de 50 integrantes, que representarán as 4 provincias Galegas.

A principal novidade de este ano, é que se competirá nas modalidades de Loita Libre Olímpica e Loita Feminina. En anos anteriores a Loita Grecorromana era exclusiva  de esta competición. En Galicia ten mais tradición e resultados a Libre Olímpica e Feminina. Esta competición serve como fase preparatoria das diferentes seleccións Galegas, de cara o vindeiro ano.

O listado completo de convocados está no seguinte enlace link.

Asisitirán Clubs da zona de Vigo e Baiona, mobilizando o resto dos seus deportistas como son o Club Ciudad de Vigo, Club El Castro de Vigo e Club de Loita Sabarís de Baiona.

Agardamos que todos eles teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/un-combinado-galego-acode-o-gran-slam-de-braga-en-portugal/feed/ 0
BOS RESULTADOS NO TORNEO INTERNACIONAL DE NIZA DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/bos-resultados-no-torneo-internacional-de-niza-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/bos-resultados-no-torneo-internacional-de-niza-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 08 Oct 2018 11:02:22 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2232 Bo resultado para a selección nacional absoluta feminina no torneo internacional de Niza, onde acadaron o 3º posto final, contando coa participación das deportistas Galegas: Lydia Pérez en -62kg do Club de Loita Pontevedra e Noelia Lalín en -68 kg do Club Keltoi de Vila de Cruces.

No caso da selección de Loita Libre Olímpica, quedaron apeados na loita polo bronce, rematando en 5º posición a selección nacional absoluta, da que formaban parte os deportistas Galegos Pablo García en -74 kg do Club de Loita Pontevedra e Damián Iglesias en – 86 kg do Club de Loita Touro.

Agora terán que pensa nas súas seguintes citas internacionais!!!!

]]>
https://www.fegaloita.es/bos-resultados-no-torneo-internacional-de-niza-de-loitas-olimpicas/feed/ 0