FEGALOITA » Torneo Internacional https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Thu, 09 Feb 2023 12:02:46 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 RESULTADOS DO TORNEO INTERNACIONAL HENRI DEGLANE, NIZA (FRANCIA). https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/ https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/#comments Mon, 18 Jan 2021 12:06:52 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=3024 Primeira actividade do ano 2021, para os deportistas Galegos coa selección nacional absoluta. Un dos torneos mais duros, tras a inactividade sobrevida pola crise sanitaria.

 

Do 15 ó 17 de Xaneiro, tivo lugar o prestixioso torneo internacional Henri Deglane, en Niza (Francia), onde os deportistas Galegos, participaron tras o longo parón provocado pola crise sanitaria da COVID.

Non foi un torneo con bos resultados, pero si que foi un torneo para tratar de recuperar de novo a actividade deportiva de alto nivel.

Os deportistas Galegos convocados pola Federación Española, e os seus resultados foron:

  • Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra (-62 kg), finalizou en 9º lugar. Lydia Pérez cedeu por puntos ante Luisa Helga (GER) que a postre sería medalla de bronce e na repesca contra Sara da Col (ITA) pola mínima.
  • Nerea Pampín do Club Keltoi de Vila de Cruces (-68 kg), finalizou en 9º lugar. Nerea cedeu o primeiro combate contra KEndra Dacher (FRA), e na repesca venceu a Nur Gok (TUR) e na seguinte rolda caeu fronte a Asli Demir (TUR).
  • Damián Iglesias do Club Loita Touro (-86 kg), finalizou en 7º lugar. Damián caeu en primeira rolda fronte a Dato Marshagashvili (GEO), venceu na seguinte rolda a Benjamín Greil (AUT) e caeu fronte a Zahid Valencia (EEUU).
  • Jose Cuba Vázquez do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba (-125 kg), finalizou en 7º posto tras caer en primeira rolda fronte o campión do mundo Geno Petriashsvili (GEO) e na repesca fronte a AShgar Laghari (GER).

A falta de competicións foi un lastre para o equipo Español, que acusou sobremaneira este hándicap. O horizonte dos clasificatorios para Tokio, están a volta da esquina. Os nosos deportistas continúan coa súa preparación.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!!!

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-do-torneo-internacional-henri-deglane-niza-francia/feed/ 0
6 GALEGOS O TORNEO INTERNACIONAL DE NEGREPELISSE (FRA) https://www.fegaloita.es/6-galegos-o-torneo-internacional-de-negrepelisse-fra/ https://www.fegaloita.es/6-galegos-o-torneo-internacional-de-negrepelisse-fra/#comments Wed, 16 Oct 2019 11:54:43 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2648 6 Galegos participarán do 18 ó 20 de Outubro, no torneo internacional de Negrepelisse (FRA).

A Federación Galega de Loita e D.A. despraza a Francia, a varios dos deportistas becados no CGTD de Pontevedra, como parte da súa formación, de cara a esta nova tempada. Os deportistas convocados pola Federación Galega de Loita son:

Nerea Iglesias Campos Ayude 2003 Libre Femenina 73 kg cadete
Christian Suárez Barros Sabaris 2002 Libre Olímpica 74 kg junior
Saul Bello Álvarez San Ignacio 2003 Libre Olímpica 65 kg cadete
David González Sil Sabaris 2002 Libre Olímpica 57 kg junior
Santiago Sáncghez Keltoi Esp Libre Olímpica 86 kg junior
Rubén Méndez Galicia Técnico

Especial mención recibe, Santiago Sánchez Varela (KEL), convocado pola Selección Nacional júnior, para participar neste evento, como un dos principais referentes do equipo nacional.

O fronte da selección Galega, viaxa o técnico Rubén Méndez Lois (Vila de Cruces), para dirixir os nosos deportistas.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/6-galegos-o-torneo-internacional-de-negrepelisse-fra/feed/ 0
3 GALEGOS NO TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI DE POLONIA https://www.fegaloita.es/3-galegos-no-torneo-internacional-ziolkowski-de-polonia/ https://www.fegaloita.es/3-galegos-no-torneo-internacional-ziolkowski-de-polonia/#comments Tue, 23 Jul 2019 11:53:04 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2591 3 deportistas GALEGOS, foron convocados coas seleccións nacionáis absolutas, para participar no TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI, e a posterior concentración, que terá lugar en Varsovia (POL), do 1 ó 5 de Agosoto.

Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra participará en -62kg, Nerea Pampín do Keltoi de Vila de Cruces en -65 kg e Damián Iglesias Vilela do Club de Loita Touro en -86 kg, serán os 3 representantes GALEGOS.

Info:

https://unitedworldwrestling.org/event/ziolkowski-pytlasinski-poland-open-1

Esta competición, ten como obxectivo preprar os deportistas de cara os campionatos do mundo júnior, SUB23 e absolutos de Loitas Olímpicas de este ano 2019. Temos que recordar, que o mundial sénior de este ano 2019, xa é clasificatorio para Tokio 2020.

A gran ausencia de esta competición será a de Jose Cuba, convocado tras a sua brillante actuación no Gran Premio de España onde se colgou o bronce tras vencer a Puerto Rico e Canadá, pero que continuará a súa preparación de cara o Mundial no seu Club en Vilalba co Sparring Ukraniano Sergey Priadum.

Agardemos que teñan a mellor das sortes.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/3-galegos-no-torneo-internacional-ziolkowski-de-polonia/feed/ 0
TORNEO LOITA GRECORROMANA EN FINLANDIA https://www.fegaloita.es/torneo-loita-grecorromana-en-finlandia/ https://www.fegaloita.es/torneo-loita-grecorromana-en-finlandia/#comments Tue, 11 Dec 2018 14:34:53 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2331 Rematou o Torneo Internacional ARVO HAAVISTO TOURNAMENT (ILMAJOKI, FINLAND), no que o deportista Nicolás López do Club de Loita Lugo, caeu en primeira rolda contra o representante Ruso, que o afastou da loita polas medallas.

Pola súa contra, o árbitro Marcos Araujo Pereira do Club San Ignacio de Vigo, amosou as súas credenciais, de cara o ascenso a máxima categoría internacional. Sendo a referencia da arbitraxe no prestixioso torneo internacional.

Agora Nicolás López, permanecerá concentrado en Ilmajoki, ata o 15 de Decembro, adestrando cos mellores deportistas internacionais da súa categoría de peso, como o resto do equipo nacional absoluto de loita grecorromana.

]]>
https://www.fegaloita.es/torneo-loita-grecorromana-en-finlandia/feed/ 0
NEREA PAMPÍN CAMPIOA DO TORNEO INTERNACIONAL DE CLERMONT FERRAND EN FRANCIA https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-campioa-do-torneo-internacional-de-clermont-ferrand-en-francia/ https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-campioa-do-torneo-internacional-de-clermont-ferrand-en-francia/#comments Mon, 19 Nov 2018 15:21:09 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2280 3 deportistas becados no CGTD de Pontevedra, asistiron co técnico Rubén Méndez o Torne Internacional de Clermont Ferrand celebrado este pasado sábado 17 de Novembro en Francia.

Nerea Pampin (Club Keltoi de Vila de Cruces), proclamouse campioa do torneo na categoría de Loita Feminina en 68 kg. Pola súa banda Jesús Gonsalves (Club Keltoi de Vila de Cruces) finalizou en 12º posto nos 65 kg e Santiago Sánchez (Club Keltoi de Vila de Cruces) rematou en 8º posición en 80 kg cadete.

O técnico Rubén Méndez afirma que «é un torneo moi interresante pola cantidade de deportistas que asisiten o mesmo. No peso de Jesús Gonsalves eran 27 loitadores. O que amosa as dimensións de este torneo».

]]>
https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-campioa-do-torneo-internacional-de-clermont-ferrand-en-francia/feed/ 0
GALICIA CAMPIOA DO TORNEO INTERNACIONAL GRAN SLAM DE BRAGA DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/galicia-campioa-do-torneo-internacional-gran-slam-de-braga-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/galicia-campioa-do-torneo-internacional-gran-slam-de-braga-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 19 Nov 2018 15:11:43 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2276 O combinado Galego de Loita Libre Olímpica e Loita Libre Feminina, remataou a súa participación no Gran SLAM de Braga de Loitas Olímpicas no máis alto do podio, celebrado este pasado sábado 17 de Novembro.

O combinado Galego, con deportistas que representaron as 4 provincias Galegas, triunfou na cita internacional. O principal obxectivo é que os deportistas Galegos, teñan mais actividades competitivas o longo do ano. A cercanía de Galicia o país veciño, é un dos principais activos de esta competición: con un desprazamento breve en autobús, mobilizas a deportistas das categorías escolares, cadetes, júnior e sénior.

Os técnicos deprazados a Portugal, valoran moi positivamente esta competición, na preparación dos seus deportistas.

Felicitar os Clubs Galegos, polo seu traballo de formación, como base dos éxitos obtidos.

]]>
https://www.fegaloita.es/galicia-campioa-do-torneo-internacional-gran-slam-de-braga-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
3 DEPORTISTAS PARTICIPAN NO TORNEO INTERNACIONAL DE CLERMONT-FERRAND EN FRANCIA https://www.fegaloita.es/3-deportistas-participan-no-torneo-internacional-de-clermont-ferrand-en-francia/ https://www.fegaloita.es/3-deportistas-participan-no-torneo-internacional-de-clermont-ferrand-en-francia/#comments Fri, 16 Nov 2018 12:27:52 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2274 3 deportistas Galegos e 1 técnico, viaxan o torneo internacional de Clermont-Ferrand de Francia, que se disputa este vindeiro sábado 17 de Novembro.

Esta competición é unha das que conta con maior número de participantes para as categorías previas a absoluta, mobilizando a preto de 800 deportistas ano tras ano.

Os representantes Galegos no torneo serán Nerea Pampín Blanco, júnior 68 kg, Jesús Antonio Gonsalves en júnior 65 kg e Santiago Sánchez en cadete 80 kg (todos do Club Keltoi de Vila de Cruces). Todos eles están becados no CGTD de Pontevedra e estarán acompañados polo técnico Rubén Méndez Lois. Esta actividade pode levarse a cabo grazas a iniciativa económica do Club e a colaboración da FGLeDA. O obxectivo é preparar as vindeiras actividades dos deportistas coas seleccións nacionais onde están convocados para este mes de Novembro.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/3-deportistas-participan-no-torneo-internacional-de-clermont-ferrand-en-francia/feed/ 0
UN COMBINADO GALEGO ACODE O GRAN SLAM DE BRAGA, EN PORTUGAL https://www.fegaloita.es/un-combinado-galego-acode-o-gran-slam-de-braga-en-portugal/ https://www.fegaloita.es/un-combinado-galego-acode-o-gran-slam-de-braga-en-portugal/#comments Fri, 16 Nov 2018 12:18:16 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2270 Galicia acode o Gran Slam de Braga de Loitas Olímpicas, que terá lugar no Pavilhão Gimnodesportivo de Mire de Tibães (Braga, Portugal), o sábado día 17 de Novembro de 2018, nas categorías de deporte base, escolar, cadete e júnior/sénior.

O combinado Galego estará formado por mais de 50 integrantes, que representarán as 4 provincias Galegas.

A principal novidade de este ano, é que se competirá nas modalidades de Loita Libre Olímpica e Loita Feminina. En anos anteriores a Loita Grecorromana era exclusiva  de esta competición. En Galicia ten mais tradición e resultados a Libre Olímpica e Feminina. Esta competición serve como fase preparatoria das diferentes seleccións Galegas, de cara o vindeiro ano.

O listado completo de convocados está no seguinte enlace link.

Asisitirán Clubs da zona de Vigo e Baiona, mobilizando o resto dos seus deportistas como son o Club Ciudad de Vigo, Club El Castro de Vigo e Club de Loita Sabarís de Baiona.

Agardamos que todos eles teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/un-combinado-galego-acode-o-gran-slam-de-braga-en-portugal/feed/ 0
4 GALEGOS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA NO TORNEO INTERNACIONAL HENRI DEGLANE DE NIZA https://www.fegaloita.es/4-galegos-coa-seleccion-nacional-absoluta-no-torneo-internacional-henri-deglane-de-niza/ https://www.fegaloita.es/4-galegos-coa-seleccion-nacional-absoluta-no-torneo-internacional-henri-deglane-de-niza/#comments Thu, 04 Oct 2018 08:58:35 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2227 4 deportistas Galegos, viaxan do 4 ó 7 de Outubro o Torneo Internacional Henri Deglane de Niza (Francia), de Loitas Olímpicas, coa selección nacional absoluta.

Lydia Pérez Touriño en – 62 kg do Club de Loita Pontevedra e Noelia Lalín Canda en – 68 kg do Club Keltoi de Vila de Cruces, serán as representantes femininas. Pola súa banda Pablo García García en -74 kg do Club de Loita Pontevedra e Damián Iglesias Vilela en – 86 kg do Club de Loita Touro, serán os representantes masculinos.

Este ano o torneo internacional de Niza, será por equipos, mudando o formato dos anos anteriores e adiantando a data da súa celebración. Para os deportistas Galegos, é a primeira actividade desta nova tempada: Lydia Pérez, Noelia Lalín e Pablo García continuan becados no CGTD de Pontevedra, pola súa banda Damián Iglesias está adestrando no CTD Illes Balears de Palma de Mallorca.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/4-galegos-coa-seleccion-nacional-absoluta-no-torneo-internacional-henri-deglane-de-niza/feed/ 0
POUCA SORTE PARA JOSE CUBA NO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI COA SELECCIÓN NACIONAL https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-jose-cuba-no-internacional-ziolkowski-coa-seleccion-nacional/ https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-jose-cuba-no-internacional-ziolkowski-coa-seleccion-nacional/#comments Thu, 13 Sep 2018 15:03:05 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2198 O vilalbés José Cuba, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, non tivo un bo día no Internacional Ziolkowski-Pytlasinski de Varsovia ao caer en primeira rolda ante o canadiense Amarveer Dhesi por superioridade técnica, e tras perder este ante  o polaco Kamil Kosciolec en cuartos de final deixou ao noso fóra da loita polas medallas.
Foi un torneo de primeiro nivel no que se acabou impoñendo na final o ruso Khizriev ao polacoa Baran, loitador que xa desputara unha axustada primeira rolda co vilalbés no pasado europeo de Kaskpisk.
Agora Cuba porá o seu obxectivo no mundial de loita praia que se celebrará nun mes na cidade turca de Sarigerme.
Mais info:
https://loitaolimpicavilalba.blogspot.com/2018/09/cuba-perde-ante-o-canadiense-dhesi-no.html
]]>
https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-jose-cuba-no-internacional-ziolkowski-coa-seleccion-nacional/feed/ 0