Sin categoría

CTOS. DE ESPAÑA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Queremos presentar os CAMPIONATOS DE ESPAÑA ABSOLUTOS DE LOITAS OLÍMPICAS:

  • LOITA LIBRE FEMININA.
  • LOITA LIBRE MASCULINA.
  • LOITA GRECORROMANA.

Por outro lado teremos os Campionatos de España de Praia:

  • LOITA PRAIA FEMMININA ABSOLUTA.
  • LOITA PRAIA MASCULINO ABSOLUTO.
  • LOITA PRAIA FEMININA U17.
  • LOITA PRAIA MASCULINO U17.
  • SAMBO PRAIA FEMMININA ABSOLUTA.
  • SAMBO PRAIA MASCULINO ABSOLUTO.
  • SAMBO PRAIA FEMININA U17.
  • SAMBO PRAIA MASCULINO U17.

Que terán lugar nas instalacións do complexo deportivo Municipal de Santa Isabel o sábado 8 de Xuño en xornada de mañá e de tarde.

A este campionato que se disputará en 4 tapices oficiais de loita, acudirán os mellores deportistas nacionais, representando a cada unha das CCAA. Os resultados finais serán: individuais, por Clubs e por seleccións.

A Federación Galega de Loita en colaboración coa Federación Española de Luchas Olímpicas, o Club de Loita Stellae, o Concello de Santiago de Compostela, e a Secretaría Xeral para o Deporte, organizarán os campionatos de España con un total de 612 inscricións para todos os campionatos.

Tras o éxito organizativo dos últimos campionatos de España celebrados en Santiago de Compostela nos anos 2021 e 2022, así como o éxito histórico do Cto. de Europa U20 de Loitas Olímpicas do ano 2023, a confianza depositada pola Federación Española, no Concello de Santiago de Compostela, abala o traballo que se ven levando a cabo en Galicia dende hai varios anos.

Nesta edición, o público poderá acceder o pavillón, para gozar do evento mais numeroso de todos os organizados a nivel nacional. Outro ano mais, a competición poderá seguirse online en tempo real, a través da plataforma SCORIZER da Federación Española. De este xeito, todos poderemos gozar da mellor competición de Loitas Olímpicas, a través de calquera dispositivo con enlace a internet.

Este fin de semana os campionatos de España deixarán en Santiago de Compostela, un gran retorno económico e de visibilización do deporte. Unha estimación de mais de 120.000,00€, quedarán en Santiago de Compostela, durante o fin de semana da competición.

A competición desenrolarase en tres xornadas diferenciadas, para separar os deportistas:

  • Sábado 08 en xornada de mañá: Cto. De España ABSOLUTO, eliminatorias.
  • Sábado 08 en xornada de tarde: Cto. De España ABSOLUTO. Semifinais e finais.
  • Domingo 09 en xornada de mañá: Sambo praia e Loita Praia.

Os seleccionadores nacionais estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Españolas, de cara as vindeiras citas continentais e mundiais.

Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten, sendo Galicia un dos referentes a nivel nacional no deporte feminino.

Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa, polos 3 árbitros convocados polo COLEGIO NACIONAL DE JUECES ÁRBITROS. Por outra banda, Galicia presenta a 5 novas árbitras para o ascenso a categoría nacional: 5 mulleres, que terán unha oportunidade de amosar a súa valía.

Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Santiago de Compostela, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo, o Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Coruña, así como a confianza depositada pola Federación Española de Lucha, e os patrocinadores privados que colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

As  seleccións Galegas estarán compostas polo seguintes deportistas:

SELECCIÓN DE LOITAS OLÍMICAS:

SÉNIOR GR 77 GONZALO CAPARRÓS DIÉGUEZ ATILA
SÉNIOR GR 82 XACOBE ÁLVAREZ POSADA SAN IGNACIO
SÉNIOR GR 82 PABLO GARCÍA GARCÍA PONTEVEDRA
SÉNIOR LF 53 RAQUEL BRAVO GONZÁLEZ ATILA
SÉNIOR LF 62 LYDIA PÉREZ TOURIÑO PONTEVEDRA
SÉNIOR LF 65 CANDELA CASTRO GREDIAGA ATILA
SÉNIOR LF 68 NEREA PAMPÍN BLANCO KELTOI
SÉNIOR LF 72 AINE LÓPEZ TRAORÉ SAN IGNACIO
SÉNIOR LF 76 CRISTINA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ SAN IGNACIO
SÉNIOR LO 57 ALESSANDRO IEMMA PLAZA CIUDAD DE VIGO
SÉNIOR LO 61 MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ SAN IGNACIO
SÉNIOR LO 65 CARLOS SANZ FERNÁNDEZ LUGO
SÉNIOR LO 65 XIAO SEOANE VILALBA
SÉNIOR LO 70 CARLOS YOBANNI GARCÍA VILALBA
SÉNIOR LO 70 SAÚL BELLO ÁLVAREZ SAN IGNACIO
SÉNIOR LO 70 RAFAEL ÁLVAREZ  RODRÍGUEZ SAN IGNACIO
SÉNIOR 74 YASSINE FOUZI KELTOI
SÉNIOR LO 79 MOISÉS BELLO ÁLVAREZ SAN IGNACIO
SÉNIOR LO 79 EMMANUEL PETROV SAN IGNACIO
SÉNIOR LO 86 MANUEL GARCÍA SAN IGNACIO
SÉNIOR LO 92 IAGO FERNÁNDEZ ALONSO PONTEVEDRA
SÉNIOR LO 97 RAMÓN MONASTERIO PORTELA VILALBA
SÉNIOR LO 125 CATRIEL MURIEL VILALBA

 

SELECCIÓN DE LOITA E SAMBO PRAIA:

Categoría Edad Modalidade Categoría Peso Nome e apelidos Club
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO 50 JOEL CASTRO TOLEDO A CAMBADELA
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO 60 ANGELLO VÁSQUEZ MENDOZA SAN IGNACIO
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO 60 VOLODIMIR DATSENKO KELTOI
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO 60 ALEKSANDR MCHYKRISTAN ETP
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO 70 GUILLERMO SOBRADO ANTÓN KELTOI
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO 80 RAFAEL BORRAJO ALONSO ATILA
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO 80 PABLO CABALEIRO FERNÁNDEZ A CAMBADELA
U17 LUCHA PLAYA MASCULINO MÁS DE 80 JORGE ALVAREZ ETP
U17 LUCHA PLAYA FEMENINO 50 NADIA ZHOLTIKOVA PONTEVEDRA
U17 LUCHA PLAYA FEMENINO 60 LUCIANA DEL PILAR MEDINA MENDOZA SAN IGNACIO
U17 LUCHA PLAYA FEMENINO 70 ANA FERRO PARADA SENÍN
U17 SAMBO PLAYA MASCULINO 60 PABLO DIZ RAMALLO SENIN
U17 SAMBO PLAYA MASCULINO 60 ALEKSANDR MCHYKRISTAN ETP
U17 SAMBO PLAYA MASCULINO MAS DE 80 JORGE ALVAREZ ETP
U17 SAMBO PLAYA FEMENINO 70 ANA FERRO PARADA SENIN
SÉNIOR LUCHA PLAYA MASCULINO 70 FRAN TRIGO SENIN
SÉNIOR LUCHA PLAYA MASCULINO 70 CESAR IGLESIAS ETP
SÉNIOR LUCHA PLAYA MASCULINO 80 ESTEBAN NUÑEZ SENIOR ETP
SÉNIOR LUCHA PLAYA MASCULINO 80 PABLO GARCÍA GARCÍA PONTEVEDRA
SÉNIOR LUCHA PLAYA MASCULINO MÁS DE 90 CATRIEL PEHUÉN MURIEL VILALBA
SÉNIOR LUCHA PLAYA FEMENINO 60 ANA LÓPEZ ÁLVAREZ LUGO
SÉNIOR LUCHA PLAYA FEMENINO 70 LYDIA PÉREZ TOURIÑO PONTEVEDRA
SÉNIOR LUCHA PLAYA FEMENINO MÁS DE 70 CRISTINA RODRÍGUEZ SAN IGNACIO
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 58 LUCAS SANTAMARIA GRAIÑO
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 71 CESAR IGLESIAS ETP
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 71 ESTEBAN VILARES SENIN
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 71 FRAN TRIGO SENIN
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 88 ELVIS HAROL CAISENDO
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 88 XOSE MANUEL AYAN SENIN
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 88 ADRIAN LATAS SENIN
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 88 ANGEL DIZ RAMALLO SENIN
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO 88 ESTEBAN NUÑEZ ETP
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO MÁS DE 88 RUBEN MIRAGAYA SENIN
SÉNIOR SAMBO PLAYA MASCULINO MÁS DE 88 HUGO DUARTE SENIN

 

 

Nadia Zoltikova y Marcos Miragaya (1)
Anterior

NADIIA ZHOLTIKOVA CONVOCADA PARA EL EUROPEO U15

Seguinte

Esta é a nova máis recente

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>