FORMADO A LOS FORMADORES. CFR OURENSE
La Federación Galega de Loita e D.A. en colaboración co CFR de Ourense da Consellería de Educación, levaron a cabo un curso de formación para docentes da area de Educación Física de primaria e secundaria, na provincia de Ourense.
Participaron un total de 13 docentes, que achegarán os coñecementos impartidos neste curso, os seus respectivos centros educativos, beneficiando a mais de 1.000 nenos e nenas da provincia de Ourense.
Esta iniciativa, trata de achegar os valores deportivos, e os novos coñecementos a aula de educación física.
Agradecer a disposición do Centro de Formación e Recursos de Ourense, e o seu asesor no eido artístico-deportivo, o traballo desenvolto, para implementar este curso.
Estas novas liñas de traballo, permiten o crecemento deportivo e sobre todo, aumentar o coñecemento sobre as loitas olímpicas, como unha ferramenta de traballo para acadar os obxectivos do curriculo de educación fisica, para os docentes.
Os técnicos encargados de levar a cabo esta actividade foron Pablo Pintos e Rubén Méndez, achegando o material de traballo da Federación o eido educativo.
Sen comentarios