LYDIA PÉREZ CONVOCADA PARA O TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI PITIASINSKI, EN POLONIA
A deportista da cidade de Pontevedra, Lydia Pérez Touriño, participará no Torneo Internacional Ziolkowski PITIASINSKI en Polonia, convocada coa Federación Española.
Lydia Pérez, viaxará o xoves 5 de Novembro a cidade de Varsovia, coa selección nacional absoluta de Loita Feminina. A súa competición será o venres 6 de Novembro, e tras a mesma, permanecerán concentradas na cidade Polaca, ata o vindeiro 15 de Novembro.
As medidas de seguridade para celebrar este Open, son excepcionais, obrigando a presentar a todos os deportistas unha PCR negativa antes de viaxar a Varsovia, e a realización de test unha vez cheguen o pavillón da competición.
A Federación Internacional de Loita (UWW), está tratando de blindar todas as actividades que mantén no calendario internacional.
Esta é a primeira competición oficial de Lydia Pérez, dende o 14 de Marzo de 2020. Agardemos que teña a mellor das sortes!!!
Mais info:
https://unitedworldwrestling.org/event/ziolkowski-pytlasinski-poland-open-2
Sen comentarios