FEGALOITA » Selección Nacional https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Mon, 13 Mar 2023 15:47:18 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 Carmen Salgado e Omar Rodriguez o campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas https://www.fegaloita.es/carmen-salgado-e-omar-rodriguez-o-campionato-de-europa-cadete-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/carmen-salgado-e-omar-rodriguez-o-campionato-de-europa-cadete-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 03 Aug 2015 14:06:14 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=872 Hoxe están camiño de Subótica (Serbia) Carmen Salgado Ave e Omar Rodríguez Martínez, que participarán do 3 ó 8 de Agosto no Campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas, xunto coa andaluza Raquel Rama. Os tres deportistas que representarán a España no Europeo estarán dirixidos polo seleccionador nacional Antonio Jiménez.

Ambos deportistas Galegos tiveron a preparación mais axeitada de cara o Europeo, contando con adetradores de garantías como é o caso de Alexandre Kachelaev e Marcos Miragaya: Finalizaron os adestramentos do curso académico no CGTD de Pontevedra, despois permaneceron dúas semanas mais concentrados cos novos talentos no CGTD, estiveron unha semana concentrados nas instalacións da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda e por último viaxaron a Madrid o Centro de Alto Rendemento para adestrar coa selección Española absoluta. A última semana de preparación fixerona nas súas respectivas casas, buscando a maior estabilidade emocional de cara o Europeo. «Traballar con rapaces tan novos moito tempo fora da súa casa, resulta un lastre difícil de superar para rendir en óptimas condicións», afirma Pablo Pintos (D.T. da FGLeDA).

Carmen Salgado e Omar Rodriguez están becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde adestran as ordes do seleccionador Galego Alexandre KAchelaev (Moscú, 1946). En total 7 deportistas Galegos acadaron o campionato de España cadete este ano 2015, pero solo 2 viaxan a Subótica. Non é unha época facil para os deportistas mais novos, xa que 5 de eles, teñen que quedar fora do Europeo por motivos técnicos: ben sexa por aspecto económicos ou polos resutlados acadados nas últimas citas internacionais. Ben é certo, que con este talento deportivo, non tardaremos en ter algún bo resultado internacional.

 

Omar Rodríguez y Carmen Salgado

]]>
https://www.fegaloita.es/carmen-salgado-e-omar-rodriguez-o-campionato-de-europa-cadete-de-loitas-olimpicas/feed/ 0