A Federación Española de Loitas Olímpcias e D.A. acaba de facer pública a convocatoria para o Torneo Internacional Gran Premio de España, que terá lugar do 10 ó 12 de xullo, en Madrid. A esta importante competición e concentración internacional acudirán preto de 30 países, sendo este evento o maís internacional do noso calendario.
Deportistas Convocados:
- Lydia Pérez en -57kg.
- Candela Castro en -65 kg.
- Nerea Pampín en -65 kg.
- Ana Ferro en -76 kg.
- Saúl Bello en -70 kg.
- Gonzalo Caparrós en -72 kg
Como técnicos viaxan Rubén Méndez, Marcos Miragaya e Pablo Pintos.
A importancia de esta competición radica en que é selectiva para participar nos XOGOS DO MEDITERRÁNEO que terán lugar en Taranto (Italia) do 22 ó 25 de agosto.
Tras o Gran Premio de España, todos os deportistas permanecerán concentrados no Centro de Alto Rendemento de Madrid, ata o 17 de xullo, para adestrar cos mellores deportistas do mundo.
Agardemos que teñan a mellor das sortes!






