Disciplinas de loita galega
As Nuestras Disciplinas
Disciplinas de Loita
A Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas promove e organiza as diferentes disciplinas de loita en Galicia, fomentando o desenvolvemento do deporte base, a competición e a formación técnica. A través destas modalidades, búscase achegar os deportes de loita a novos deportistas, clubs e centros educativos promovendo as diferentes disciplinas de loita e deportes de loita en Galicia.
Arte do Combate Clásico
Loita Grecorromana
A loita grecorromana é unha disciplina olímpica dos deportes de loita, remóntase á antigüidade, evolucionando a partir das prácticas loitadoras en civilizacións antigas. O termo «grecorromana» foi acuñado por Basilio Bartoli, diferenciándoa da loita libre. O combate despregase nun tapiz cadrado de 12 x 12 metros, dividido en zonas de loita e pasividade. A precisión, a forza e a técnica son esenciais para gañar, xa sexa por derrubadas ou por puntuación.
Esta modalidade integra as loitas olímpicas, preservando unha tradición centenaria e adaptándose continuamente ao desenvolvemento deportivo.
Forza e Elegancia Feminina
Loita Libre Feminina
Esta modalidade en constante crecemento dentro das disciplinas de loita, integrándose nas competicións olímpicas desde Atenas 2004, permite o uso das pernas tanto no ataque como na defensa, sen restricións.
O obxectivo é gañar o combate por derrubada ou por puntuación mediante a valoración das técnicas executadas polo árbitro. A loita libre feminina destaca pola súa combinación de forza, técnica e grazia, reflexo dunha tradición deportiva en constante evolución e compromiso coa igualdade no ámbito olímpico.
Versatilidade no Combate
Loita Libre Olímpica
Esta modalidade, unha das principais disciplinas de loita dentro dos deportes de loita en Galicia, tamén chamada loita libre deportiva, inclúe variantes masculina e feminina, e integra as loitas olímpicas. Os combates están divididos en tres períodos de 2 minutos, con 30 segundos de descanso entre eles, podendo gañar por toucado ou por vencer dous dos tres períodos.
Ademais, existen diversas categorías de peso e idade que aseguran competicións equilibradas e emocionantes.
Loita Tradicional Galega
Loita Tradicional Galega
A loita tradicional forma parte do patrimonio deportivo dentro dos deportes de loita, evoluíra dende antigas prácticas prerromanas influídas polos pobos bárbaros, adaptándose localmente con nomes como «botar loitas» ou «aloitar». Desenvolvébase sobre círculos marcados con monllos ou paus, tendo como obxectivo derrubar, inmovilizar ou sacar o rival do círculo. Actualmente, esta práctica recobra o seu valor cultural e deportivo, implementándose normas de seguridade e unha vestimenta específica, como pantalóns resistentes e faixas codificadas.
O sistema de puntuación premia o control, o derrubamento completo e a superioridade técnica.
Poder e Técnica Integrada
Artes Marciais Mixtas (MMA)
Originándose do pankration dos antigos Xogos Olímpicos, as MMA evolucionaron a partir de loitas minimalistas cara a un deporte regulamentado. Inicialmente, promoveron encontros con normas mínimas, que permitían un combate caótico, pero logo foron adaptadas para evitar lesións. As técnicas permitidas inclúen golpes en pe e controladas submisións no chan, dividíndose os combates por categorías de peso.
Así, este deporte integra tradición e modernidade, ofrecendo competición segura e emocionante a nivel mundial. Unha das disciplinas de loita con maior crecemento.
Arte do Agarres
Grappling e Grappling-Gi
O grappling refírese aos sistemas de loita corpo a corpo que, sen utilizar golpes, empregan técnicas de derrubamento, posicionamento e submisión para conseguir puntos ou forzar a rendición do adversario, é unha disciplina de loita centrada. Esta modalidade privilexia o control e a precisión técnica, permitindo o desenvolvemento dun dominio integral do corpo.
Moitos destes sistemas teñen raíces ancestrais, formándose a partir de prácticas tradicionais dunha determinada etnia ou rexión, e actualmente son empregados en diversas disciplinas loitadoras a nivel mundial.
Defensa Sen Arme
Sambo e Combat Sambo
Esta modalidade, recoñecida como deporte nacional en 1938, foi presentada por Anatoli Jarlámpiev. Fusiona elementos do Judo, loitas autóctonas e técnicas de loita grecorromana, loita libre e boxeo, e máis tarde incorporou aspectos do Muay Thai, son disciplinas de loita de orixe internacional.
Desenvolvírase para unificar o combate sen armas no exército ruso, resultando nunha síntese única de técnicas efectivas que transformou a forma de defensa e combate.
Defensa en Acción
Krav Magá
Esta disciplina, relacionado cos deportes de loita, abarca técnicas de defensa fronte a agresións sen armas e con armas, incluíndo puñetazos, patadas, agarres, estrangulamentos, así como métodos de desarme. O seu obxectivo é achegar o combate á realidade, preparando aos loitadores para situacións de perigo.
Para saber máis, consulta a páxina do club SKM, especialista en Krav Magá, onde atoparás a historia e máis detalles sobre esta técnica.
Tres deportes de combate
Combatlón
Combatlon.
A disciplina de loita que combina diferentes probas. A competición divídese en Tres asaltos de tres minutos cada un.
O primeiro que se pon en liza é a esgrima. O segundo enfrontamento en en Loita Libre Olímpica e o terceiro periodo é de Kickboxing.
Para gañar tes que vencer en 2 dos tres enfrontamentos.
Estratexia
Jugger
O jugger é un deporte de equipo, creado en Alemaña que fusiona rugby e esgrima.
Dous equipos de 5 persoas compiten con armas acolchadas («pompfers») para protexer o seu corredor e anotar puntos introducindo unha pelota (jugg) na base contraria. Destaca pola sua axilidade, estratexia e xogo limpo.
