CAMPIONATO GALEGO U13, U17 e SÉNIOR de Loitas Olímpicas que terá lugar o domingo día 15 de Febreiro do 2026, no Pavillón Municipal de Teis (Vigo).
O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:
- Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 11 de Febreiro ás 12.00 horas.
- Control de peso U13: de 9:00 a 9:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXE.
- Control peso U17: de 9:00 a 9:30 horas. HABERÁ 2 KG DE MARXE.
- Control de peso sénior: de 15:00 a 15:30. Haberá 2 kg de marxen.
- Competición domingo día 15 de Febreiro.
- U13 e U17: de 9:45 a 13:30 horas.
- SÉNIOR: De 16:00 a 20:00 horas.
- Inscrición: ZenytSports https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
- PESOS: AGRUPAREMOS OS PESOS DE COMPETICIÓN PARA GARANTIR QUE TODOS @S DEPORTISTAS PODAN LOITAR E TEÑAN UN NÚMERO MÍNIMO DE COMBATES.
De cara os Campionatos de España de 2026 farase a selección dos deportistas segundo o resultado, participación nas actividades complementarias (adestramentos federativos e concentracións) e peso corporal.
SÉNIOR LO: 57, 65, 74, 86, 97 e 125kg.
SÉNIOR GR: 60, 67, 77, 87, 97 e 130kg.
SÉNIOR LF: 50, 53, 57, 62, 68 e 76kg.
CADETE (U17) LO: -48, -51, -55, -60, -65, -71, -80, -92 e -110kg.
CADETE (U17) GR: -48, -51, -55, -60, -65, -71, -80, -92 e -110kg.
CADETE (U17) LF: -43, -49, -53, -57, -61, -65, -69 e -73kg.
ALEVIN (U13) LO: -30, -35, -40, -45, -50, -55, -60, -65, -70 e +70kg.
ALEVÍN (U13) GR: -30, -35, -40, -45, -50, -55, -60, -65, -70 e +70kg.
ALEVÍN (U13) LF: -25, -30, -35, -40, -45, -50, -55, -60, -65 e +65kg.
- Tapices: 3 ou 4 tapices: dependendo da inscrición.
- VESTIMENTA:
- SÉNIOR: MAILLOTS.
- U17: MAILLOTS.
- U13: MAILLOTS.
- Lugar: Pavillón Municipal de Teis (Vigo).
- Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
- Entrega de medallas de 20:00 a 20:30 horas.
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados: A CLASIFICACIÓN SERÁ POLA SUMA DAS MODALIDADES DE CADA CATEGORÍA DE IDADE.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Na competición CADETE (U17) (nados no 2010 e 2009), os deportistas U15 (nados no 2011 e 2012) poderán participar, coa responsabilidade do seu adestrador/a e con autorización do pai/nai co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Na competición ALEVÍN (U13) (nados no 2013 e 2014), os deportistas BENXAMÍNS (U11) (nados no 2015) poderán participar, coa responsabilidade do seu adestrador/a e con autorización do pai/nai co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Aínda se algún deportista non tivera combates, trataremos de agrupar os pesos fóra de competición co fin de mellorar a súa preparación de cara os Campionatos de España.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados DEBEN TER LICENZA EN VIGOR na presente tempada 2025-2026.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación Galega de Loita e D.A. non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.






