Os Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING terán lugar o sábado 10 de Outubro do 2026, no pavillón do CGTD de Pontevedra, para as categorías:
- Sénior. XORNADA DE MAÑÁ.
- Veterano: XORNADA DE MAÑÁ
- Cadete (U17). XORNADA DE MAÑÁ.
- Escolar (U15). XORNADA DE MAÑÁ.
Toda a info do campionato aquí!
O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:
COMPETICIÓN SÉNIOR e VETERANO: GRAPPLING.
- Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 7 de Outubro ás 12.00 horas.
- Os deportistas só se poderán inscribir en unha das dúas competicións (ou sénior, ou veterano). No caso de que en un peso de veterano so teñamos un deportista, este será incluído na categoría sénior (no seu peso).
- Control de peso: de 8:30 a 9:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 10 de Outubro de 9:30 a 14:00 horas.
- Entrega de medallas de 14:00 a 14:30 horas.
COMPETICIÓN U17 e U15: GRAPPLING
- Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores antes do mércores 7 de Outubro ás 12.00 horas. Para deportistas con mais de 6 meses de licenza en activo.
- Control de peso: de 8:30 a 9:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 10 de outubro de 9:30 a 13:30 horas.
- Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
- ÍNSCRICIÓN: Na web de https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
- Tapices: 4 tapices.
- Lugar: Pavillón do CGTD de Pontevedra.
- https://share.google/F26H6SrvL9xA2D6Vd
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados, na suma total de puntos de cada competición: SÉNIOR + VETERANO e por outra banda U17 e U15.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:
- Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
- Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
- Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.






