A final da Liga Iberdrola de Loita Feminina terá lugar no Pavillón Central das Travesas de Vigo o sábado 14 de novembro en xornada de tarde: de 16:00 a 18:00 horas.
As mellores deportistas nacionais, teñen unha cita en Vigo este sábado, para determinar quen é a mellor! Esta Liga reune as mellores deportistas nacionais dos pesos Olímpicos e NON Olímpicos. De este xeito varias campioas de España terán que enfrontarse entre sí, nas categorías de peso Olímpico.
As deportistas Galegas que participarán en este campionato son:
Lydia Pérez (Pontevedra) en -62kg, Nerea Pampín (Keltoi) -68kg, Ana Ferro (Senín) -76kg e Candela Castro (Atila) -62 kg.
Agardemos que teñan a mellor das sortes!






