CAMPIONATO DE ESPAÑA POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN VIGO

Vigo acolle o Campionato de España por seleccións Autonómicas o vindeiro sábado 14 de novembro no pavillón central das Travesas.

Esta competición en formato FINAL FOUR, será en xornada de mañá dende as 10:00 ata as 13:00 horas. As mellores seleccións nacionais terán unha cita coa historia en Vigo.

A Selección de Madrid, Andalucía, Murcia e Galicia, terán un enfrontamento en formato eliminación directa para clasificarse para a final. Esta competición dispútase nas modalidades de Libre Olímpica, Feminina e Grecorromana.

Os deportistas Galegos que compiten neste campionato de España son:

En Libre Olímpica:

65 LO Joel Castro (Keltoi) e 65 LO Manuel González (San Ignacio), 86 LO Saúl Bello (San Ignacio) e 86 LO Moisés Bello (San Ignacio), 125 LO Kevin Cuba Vilalba) e 125 LO Iago Fernández (Pontevedra).

En Loita Feminina: 

62 LF Nerea Pampín (Keltoi),  76 LF Ana Ferro (Senín)
76 LF Candela Castro (Atila)

En Loita Grecorromana:

67 GR Samuel Pérez (Pontevedra), 87 GR Gonzalo Caparrós (Atila) e 87 GR Pablo García (Pontevedra).

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email