BUEU SERÁ O ESCENARIO DOS CAMPIONATOS GALEGOS DE MMA O 2 DE MAIO

O Pavillón Pablo Hervello de Bueu será o escenario dos Campionatos Galegos de MMA, que se celebrarán o vindeiro 2 de maio, reunindo deportistas das categorías sénior e júnior nunha xornada clave para o calendario autonómico.

PROGRAMA DA COMPETICIÓN

  • Control de peso Júnior: de 9:00 a 9:30
  • Competición Júnior: de 10:00 a 14:00
  • Control de peso Sénior: de 12:30 a 13:00
  • Competición Sénior: de 19:30 a 00:00
  • Entrega de medallas: ao remate de cada final

 

INSCRICIÓNS

  • Data límite de inscrición: 22 de abril ás 12:00
  • Inscrición: a través da plataforma Scorizer
  • Cota Júnior: 80 € (inclúe equipación)
  • Cota Sénior: 25 €

 

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • A competición contará con 2 octógonos
  • Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría
  • Trofeos para os tres mellores clubs na clasificación xeral
  • Todos os participantes deberán contar con licenza federativa en vigor

 

Este campionato autonómico permitirá seleccionar aos mellores deportistas de cada categoría de peso para representar a Galicia nos Campionatos de España, consolidándose como unha cita fundamental no desenvolvemento do MMA galego.

 

Para máis información

Descargar a circular en PDF:  Campionatos Galegos de MMA 2026

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email