Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING –GI que terá lugar o día 8 de Novembro do 2026, no pavillón Municipal de Baltar en Sanxenxo, para as categorías:
- Sénior, Veterano, Júnior (U20), Cadete (U17) e Escolar (U15).
O programa quedaría do seguinte xeito:
COMPETICIÓN SÉNIOR, MÁSTER, U20, U17 e U15: GRAPPLING-GI
- Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 04 de Novembro ás 00:00 horas.
- Os deportistas só se poderán inscribir en unha categoría de idade.
- Os deportistas MÁSTER: agruparanse por peso, non por idade. SÓ HABERÁ UNHA CATEGORÍA.
- Vestimenta OBRIGATORIA: GI VERMELLO e GI AZUL.
- Control de peso: de 9:00 a 9:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 08 de Novembro de 10:00 a 14:00 horas.
- Entrega de medallas de 14:00 a 14:30 horas.
- ÍNSCRIPCIÓN: En la web de https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
- Tapices: 4 tapices.
- Lugar: Pavillón de Baltar de Sanxenxo.
- Ubicación: https://maps.app.goo.gl/gZx9GTpY2xEmZPgZ7
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados, na suma total de puntos de cada competición: SÉNIOR + VETERANO e por outra banda U20, U17 e U15.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se subirá o podio.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico INSCRITO NO PROGRAMA ZENYT.
- A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:
- Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
- Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
- Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.
Info completa aquí: Regulamento Cto. Galego de Grppling-Gi






