A COPA DE ESPAÑA MMA YOUTH & JUNIOR 2026 CHEGA A BUEU DO 1 AO 3 DE MAIO

O Pavillón de Deportes de Beluso (Bueu) será o escenario da Copa de España de MMA Youth & Junior, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de maio de 2026. Este evento nacional reunirá a novas promesas do MMA, converténdose nunha oportunidade clave para o desenvolvemento das categorías base e a proxección de deportistas a nivel estatal.

PROGRAMA DA COMPETICIÓN:

  • Venres 1
    Rexistro de equipos: de 09:00 a 14:00
    Exame médico: de 16:00 a 20:00
    Reunión arbitral e de adestradores: 20:30
  • Sábado 2
    Pesaxe categorías Youth B, C e D: de 07:30 a 09:00
    Competición: de 10:00 a 14:00
    Finais: de 16:00 a 20:00
  • Domingo 3
    Pesaxe categorías Youth A e Junior: de 07:30 a 09:00
    Competición: de 10:00 a 14:00
    Finais: de 16:00 a 20:00

INSCRICIÓNS:

  • Data límite de inscrición: 15 de abril de 2026
  • Inscrición a través da plataforma Scorizer
  • Requisitos: documentación completa e pago realizado

Para máis información, descargar a circular en WORD:  Copa de España MMA Youth & Junior 2026

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email