O Pavillón de Deportes Pablo Herbello de Bueu será o escenario da Copa de España de MMA Youth, Junior & Sénior, que se celebrará os días 1 e 2 de maio de 2026. Este evento nacional reunirá a novas promesas do MMA, converténdose nunha oportunidade clave para o desenvolvemento das categorías base e a proxección de deportistas a nivel estatal.
PROGRAMA DA COMPETICIÓN:
-
Venres 1
Clinic de formación: de 10:00 a 14:00
Clinic de formación: de 16:00 a 20:00 -
Sábado 2
Pesaxe categorías Youth A, B, C e D: de 08:00 a 09:00
Competición categorías Youth: de 10:00 a 14:00
Receso: de 14:00 a 15:30
Pesaxe categorías Júnior e Sénior: de 11:30 a 12:00
Finais categorías Júnior e Sénior: de 16:00 a 20:00
INSCRICIÓNS:
- Data límite de inscrición: 27 de abril de 2026
- Inscrición a través da plataforma Scorizer
- Requisitos: documentación completa e pago realizado
Para máis información:
Descargar a circular en PDF: Copa de España MMA 2026






