Campionato Galego U15 -U20 de Loitas Olímpicas

CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR (U20) e ESCOLAR (U15) de Loitas Olímpicas que terá lugar o día 31 de Xaneiro do 2026, no PAZO PROVINCIAL DOS DEPORTES DE LUGO

O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:

 

  • Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 28 de Xaneiro ás 12.00 horas.
  • Control de peso: de 15:30 a 16:00 horas. HABERÁ 2 KG DE MARXE.
  • Competición sábado día 31 de Xaneiro de 16:00 a 20:00 horas.
  • Inscrición: ZenytSports  https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
  • PESOS: AGRUPAREMOS OS PESOS DE COMPETICIÓN PARA GARANTIR QUE TODOS @S DEPORTISTAS PODAN LOITAR E TEÑAN UN NÚMERO MÍNIMO DE COMBATES.

De cara os Campionatos de España de 2026 farase a selección dos deportistas segundo o resultado, participación nas actividades complementarias (adestramentos federativos e concentracións) e peso corporal.

JÚNIOR (U20) LO:      -57,      -65,      -74,      -86,      -97,      -125

JÚNIOR (U20) GR:      -60,      -67,      -77,      -87,     -97,      -130

JÚNIOR (U20) LF:       -53,      -57,      -62,      -68,      -76

ESCOLAR (U15) LO:    -41       -44       -48       -52       -57       -62       -68       -75       -85

ESCOLAR (U15) GR:    -41       -44       -48       -52       -57       -62       -68       -75       -85

ESCOLAR (U15) LF:     -39       -42       -46       -50       -54       -58       -62       -66       -70

  • Tapices: 3 ou 4 tapices.
  • Lugar: Pazo dos Deportes de Lugo
  • Entrega de medallas de 20:00 a 20:30 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
  • Na competición JÚNIOR (U20) (nados no 2006, 2007 e 2008), os deportistas CADETE (U17) (nados no 2009 e 2010) poderán participar, coa responsabilidade do seu adestrador/a e con autorización do pai/nai co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Na competición ESCOLAR (U15) (nados no 2011 e 2012), os deportistas ALEVÍN (U13) (nados no 2013) poderán participar, coa responsabilidade do seu adestrador/a e con autorización do pai/nai co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Aínda se algún deportista non tivera combates, trataremos de agrupar os pesos fóra de competición co fin de mellorar a súa preparación de cara os Campionatos de España.
  • Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados DEBEN TER LICENZA EN VIGOR na presente tempada da mutualidade 2025-2026
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
  • Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
  • A Federación Galega de Loita e D.A. non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email