XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS EN VILALBA

O Pavillón Municipal de Vilalba será o escenario da Xornada Norte da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, unha cita clave para o impulso das categorías base en Galicia, que reunirá a numerosos clubs o vindeiro sábado 11 de abril.

  • Lugar: Pavillón Municipal de Vilalba
  • Data: 11 de abril de 2026
  • Competición: de 10:30 a 12:00
  • Chegada dos equipos: 10:00 | Saída: 12:30
  • A organización facilitará picnic para deportistas, adestradores e árbitros
  • Preinscrición obrigatoria ata o 6 de abril ás 12:00

Clubs participantes:

  • Club de Loitas Olímpicas de Vilalba
  • Club de Loita Stellae
  • Club Keltoi de Vila de Cruces
  • Escola Ayude de Santiso
  • Club de Loita Lugo
  • Club Atila de Ourense

Esta xornada forma parte da Liga de Deporte de Base, fundamental para o desenvolvemento e formación das novas xeracións de loitadores en Galicia. Ademais, fomenta a participación e convivencia entre clubs, consolidando a estrutura competitiva desde idades temperás.

Accede á convocatoria oficial con toda a información da xornada:

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email