GRAN ACTUACIÓN DE GALICIA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA U20 DE LOITAS OLÍMPICAS

A selección galega completou unha salientable participación nos Campionatos de España U20, celebrados o domingo 15 de marzo en San Sebastián de los Reyes, Madrid, nunha competición que reuniu a deportistas de todo o territorio nacional e que volveu poñer de manifesto o alto nivel das loitas olímpicas en España.

A nivel colectivo, Galicia logrou subir ao podio nacional en dúas ocasións, consolidando o traballo realizado nas distintas categorías de formación:

  • Selección Libre Olímpica masculina: Subcampioa de España
  • Selección Libre Olímpica feminina: 3ª clasificada nacional
  • Selección de Loita Grecorromana: 4ª clasificada no campionato de España

Estes resultados reflicten o crecemento e a competitividade da canteira galega no ámbito nacional.

RESULTADOS INDIVIDUAIS 

Selección Galega Femenina (3ª clasificada) 

  • 5ª Clara Corrochano (Loita Lugo) -53 kg 
  • 7ª Nela Sebio (Club Keltoi de Vila de Cruces) -53 kg 
  • 5ª Africa García (Club Keltoi de Vila de Cruces) -55 kg 
  • 🥇 Nadya Zholtikova (Club Loita Pontevedra) -55 kg 
  • 4ª Martina Cereijo (Club Stellae de Santiago de Compostela) -59 kg 
  • 🥈 Candela Castro (Club Atila de Ourense) -65 kg 
  • 4ª Noelia Rey (Escuela Ayude de Santiso) -65 kg 
  • 🥇 Ana Ferro (Club Senín) -76 kg 

 

 

Selección Galega Libre Masculina (Subcampeona de España) 

  • 🥇 Joel Castro (Club Keltoi de Vila de Cruces) -57 kg
  • 7º Xiao Seoane (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) -70 kg
  • 🥉 Oleksander Dementiev (Club San Ignacio de Vigo) -74 kg
  • 5º Javier Vilar (Club Loita Pontevedra) -74 kg
  • 15º Pablo Cabaleiro (Club A Cambadela de A Estrada) -74 kg
  • 🥉 Guillermo Sobrado (Club Keltoi de Vila de Cruces) -79 kg
  • 🥉 Leo Medina (Club San Ignacio de Vigo) -86 kg
  • 5º Marco Rodríguez (Loita Lugo) -92 kg
  • 🥇 Kevin Cuba (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) -97 kg 

 

 

Selección Galega Grecorromana (3ª clasificada nacional) 

  • 4º Ayoub Shabel (Loita Lugo) -60 kg
  • 5º Samuel Pérez (Club Loita Pontevedra) -63 kg
  • 🥉 Rafael Borrajo (Club Atila de Ourense) -72 kg 
  • 4º Artai Czarnecki (Club Atila de Ourense) -82 kg
  • 🥉 Denis Iglesias (Escuela Ayude de Santiso) -97 kg 

 

REPRESENTACIÓN ARBITRAL 

O Colexio Galego de Árbitros contou cunha ampla representación nestes Campionatos de España, participando activamente no desenvolvemento da competición.

  • Aimara Osco
  • Verónica Pérez
  • Nerea Vila
  • Ángel Amor
  • Daniel Fernández
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email