A nosa Federación
Mensaxe Institucional
Mensaxe do Presidente
Este sitio pretende ser un medio aberto para todos aqueles que buscan a mellor información e teñen algo que aportar nas disciplinas que regulamos. Quero expresar o meu agradecemento a todas as institucións autonómicas, provinciais e locais que, coa súa financiación e apoio, fixeron posible esta realidade. En especial, destaco o traballo da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia.
Grazas ao entusiasmo dos membros da Federación Galega de Loita, este proxecto segue medrando cada día. Deséxolle á nosa web unha longa vida e moitos éxitos.
Benvido á nosa Federación
A Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas
A Federación Galega de Loita está composta por un equipo de profesionais comprometidos coa xestión e o desenvolvemento do deporte en Galicia. A nosa estrutura organízase en diferentes áreas encargadas da coordinación de competicións, licenzas, formación e relacións institucionais.
- Presidente: Jose Luis Olazábal Ibars
- Secretario: Florencio Pintos Gonzalez
- Tesoureiro: Pablo Pintos Figueroa
- Xestión económica: María Isabel González González
- Dirección Técnica: Pablo Rubén Pintos Figueroa
- Rubén Méndez Lois
- Marcos Miragaya Lama
- Área de Sambo: Andrés Senín
- Área de Loita Tradicional: Severino Gómez
- Área de Defensa Policial: Manuel Herbón Arias
- Área de Grappling: Manuel Permuy Martínez
- Angel Amor Villar
- Alfredo Marcuño Martínez
- Eladio Bello Columna
- Ángeles Álvarez Mera
- Jacobo Novoa Corzo
- Jose Maunel Ayude
Origens e Crecemento
A nosa Historia
Na antigüidade, formou parte dos Xogos Olímpicos e foi exaltada en mitos e lendas, onde os gregos reglamentaron dúas modalidades: vertical e horizontal. Durante a Idade Media e o Renacemento, a loita medrou con encontros internacionais. Nos tempos modernos, destacan as modalidades de loita grecorromana e loita libre, presentes nos Xogos Olímpicos. A Federación Española de Loita, fundada en 1933, organiza competicións e promove o desenvolvemento do deporte a nivel nacional.
Estatutos
A Federación Galega de Loita rixese por unha normativa clara que garante o correcto funcionamento de todas as súas actividades. Aquí podes consultar os estatutos e os reglamentos que regulan a nosa federación.
Rede Local
Clubs e Escolas en Galicia
Transparencia e Bo Goberno
Lei de Transparencia
A Lei 19/2013, do 9 do decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno establece que aquelas entidades que pola súa especial relevancia pública, por exercer potestades administrativas ou por percibir subvencións do Estado deben publicar tanto a información institucional, organizativa, de planificación como a información económica, presupostaria e estatística co fin de reforzar as transparencia da súa actividade.
