A nosa Federación

 A Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas traballa para a promoción e o desenvolvemento da loita en Galicia. A través da organización de competicións, a formación de deportistas e a colaboración cos clubes, buscamos fomentar a excelencia en todas as disciplinas que regulamos.
Mensaxe Institucional

Mensaxe do Presidente

Resúltame moi grato, como Presidente da Federación Galega de Loita, dar a coñecer a nosa páxina web, especialmente dedicada a promover os deportes da loita libre olímpica, a grecorromana e as disciplinas asociadas.

Este sitio pretende ser un medio aberto para todos aqueles que buscan a mellor información e teñen algo que aportar nas disciplinas que regulamos. Quero expresar o meu agradecemento a todas as institucións autonómicas, provinciais e locais que, coa súa financiación e apoio, fixeron posible esta realidade. En especial, destaco o traballo da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia. 

Grazas ao entusiasmo dos membros da Federación Galega de Loita, este proxecto segue medrando cada día. Deséxolle á nosa web unha longa vida e moitos éxitos.

Benvido á nosa Federación

A Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas

A Federación Galega de Loita está composta por un equipo de profesionais comprometidos coa xestión e o desenvolvemento do deporte en Galicia. A nosa estrutura organízase en diferentes áreas encargadas da coordinación de competicións, licenzas, formación e relacións institucionais.

XUNTA DIRECTIVA
PERSOAL TÉCNICO
PERSOAL DO C.G.T.D.
DISCIPLINAS ASOCIADAS
ESCOLA GALEGA DE ÁRBITROS, XUICES E ADESTRADORES
SELECCIONADORES E ADESTRADORES:
Origens e Crecemento

A nosa Historia

A loita é un deporte milenario cuxas orixes remóntanse a civilizacións antigas como Grecia, Exipto, Mesopotamia e a India, con evidencias de súa práctica hai máis de 5000 anos.

Na antigüidade, formou parte dos Xogos Olímpicos e foi exaltada en mitos e lendas, onde os gregos reglamentaron dúas modalidades: vertical e horizontal. Durante a Idade Media e o Renacemento, a loita medrou con encontros internacionais. Nos tempos modernos, destacan as modalidades de loita grecorromana e loita libre, presentes nos Xogos Olímpicos. A Federación Española de Loita, fundada en 1933, organiza competicións e promove o desenvolvemento do deporte a nivel nacional.

2A3A8454
CANLE DE ATENCIÓN FRONTE A VIOLENCIA NO DEPORTE

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN FRONTE A VIOLENCIA NO DEPORTE

Este protocolo foi aprobado polo Observatorio da Familia e da Infancia da Xunta de Galicia, a proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, o 14 de maio de 2024, conforme ao disposto na L.O. 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia e demais normativa de aplicación.

A canle de denuncia para calquer persoa que sinta a necesidade de denunciar “toda acción, omisión ou trato neglixente que priva aos NNA os seus dereitos e benestar, que ameaza ou interfire o seu ordenado desenvolvemento físico, psíquico ou social, con independencia da súa forma e medio de comisión, incluída a realizada a través das tecnoloxías da información e da comunicación, especialmente da violencia dixital”, será:

info@fegaloita.es 

Protocolo de actuación fonte  a violencia.

Estatutos

A Federación Galega de Loita rixese por unha normativa clara que garante o correcto funcionamento de todas as súas actividades. Aquí podes consultar os estatutos e os reglamentos que regulan a nosa federación.

Transparencia e Bo Goberno

Lei de Transparencia

Lei 19/2013, do 9 do decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno establece que aquelas entidades que pola súa especial relevancia pública, por exercer potestades administrativas ou por percibir subvencións do Estado deben publicar tanto a información institucional, organizativa, de planificación como a información económica, presupostaria e estatística co fin de reforzar as transparencia da súa actividade.

Precisas máis información?

Estamos aquí para axudarche con todas as túas dúbidas e consultas. Se queres coñecer máis detalles ou precisar asistencia, non dubides en poñerte en contacto connosco.