O Pavillón do CGTD de Pontevedra acollerá o vindeiro sábado 18 de abril a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, unha nova cita clave para o desenvolvemento das categorías base no ámbito autonómico.
A competición dará comezo ás 10:30 horas, tras a chegada dos equipos prevista para as 10:00, e prolongarase ata as 12:00 horas. Durante o evento, a organización facilitará un picnic para cada deportista, adestrador e árbitro participante.
Nesta xornada participarán diversos clubs do panorama galego, entre os que se atopan o Club de Loitas Olímpicas San Ignacio, Club de Loita El Castro, Club de Loita Kuzushi, Club de Loita Ciudad de Vigo, Club de Loita Pontevedra, Club de Loita Sabarís de Baiona e Club A Cambadela da Estrada.
Co obxectivo de garantir unha correcta organización, os clubs deberán remitir a súa preinscrición antes do luns 13 de abril ás 12:00 horas, permitindo así unha planificación axeitada das necesidades do evento.
Accede á convocatoria oficial con toda a información da xornada:
Normativa Xornada para os Clubs
Plantilla de Categorías Base Loitas Olímpicas 2026






