NADIIA ZHOLTIKOVA VIAXA O CAMPIONATO DO MUNDO U17

A deportista Pontevedresa, viaxa o campioanto do Mundo U17 de Loitas Olímpicas, que terá lugar do 27 de xullo o 2 de agosto, en Bakú (Azerbaiján).

Zholtikova participará coa selección Española feminia U17, na categoria de -57kg, e estará acompañada por Graciela Eningo (Madrid) e Paula Benaixa (Andalucía). A fronte da selección está Teresa Méndez, para dirixir este talentoso grupo de deportistas femininas.

Nadiia está becada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra onde adestra co grupo de tecnificación e co grupo de rendemento. É unha das deportistas con mellor proxección internacional da Federación Galega. A súa participación é unha mestura de esforzos: Tanto a súa familia, o seu club, o Club de Loita Pontevedra, así como a Federación Galega de Loita, apoian económicamente esta participación, tras os bos resultados internacionais da deportista.

Tras a súa participación no campionato de Europa, Nadiia permanecerá concentrada en Bakú (AZE), dentro do programa da Federación Internacional «MORE THAN MEDALS», onde se traballa cos deportistas mais novos, os valores do deporte, o intercambio de coñecementos e a mesma paixón polas loitas olímpicas. As técnicas de este programa son figuras relevantes do noso deporte (medallistas mundiais, Olímpicas e mulleres que levaron a cabo fitos históricos nos seus países), que tratan de transmitirlle os mais novos a importancia da FORMACIÓN ACADÉMICA, A LOITA CONTRA A DOPAXE, a importancia de COÑECER A DEPORTISTAS DE OUTROS PAÍSES coas que intercambian vivencias sobre a dificultade de practicar deporte en países menos favorecidos, a importancia de ter mulleres referentes no deporte ou como é o seu dia a día.

Agardemos que sexa unha boa experiencia!!!!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email