A deportista Lydia Pérez, do Club de Loita Pontevedra, ven de ser convocada para participar no 4º Ranking Series Mundial de Loita Praia, que terá lugar do 26 ó 30 de agosto en Bakú (AZE).
Lydia Pérez é a actual subcampioa do mundo de Loita Praia na categoría de -70kg (no ano 2025), pero nesta nova tempada está competindo na categoría de -60 kg (2026). Tras o seu cambio de peso na modalidade Olímpica, tamén mudou de peso na disciplina de Praia.
Para este 4º Ranking Series Mundial, está acompañada por Cristina Andújar (VAL), que competirá na categoría de -50 kg.
Nesta tempada 2026, Lydia Pérez está ocupando o 2º lugar do ránking con 58.000 pts, por detrás da actual lider da categoría Sofiia
KUSHNIR (UKR). que ten 60.000 pts.
Toda a info do Beach Wrestling no seguinte enlace:
https://beachwrestling.org/rankings?year=2026
Agardemos que teña a mellor das sortes!






