CLINIC AUTONÓMICO DE MMA EN PONTEVEDRA

O  Colexio Galego de Árbitros organiza este vindeiro domingo 15 de novembro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra un clinic de formación para novos colexiados de MMA.

A primeira fase terá lugar en Pontevedra o 15 de novembro e a segunda fase práctica o sábado 21 de novembro durante a celebración da velada de MMA que terá lugar en Marín. Achegar novos colexiados a un evento deportivo, fai que o bloque práctico sexa moito mais certero e real.

Esta actividade formativa está aberta a árbitros, adestradores e deportistas, para profundizar no coñecemento do regulamento das MMA´s.

Continuamos coa formación do tecido deportivo!

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email