Esta fin de semana, os Clubs Galegos teñen unha dobre cita internacional de Loitas Olímpicas en Barakaldo e Portugal. O sábado 21 de novembro preto de un centenar de deportistas Galegos competirán a nivel internacional.
- Torneo Internacional Maider Unda, que terá lugar do 20 ó 21 de novembro no pavillón de Lasesarre (Barakaldo), onde os Clubs Galegos se desprazan para participar no evento mais numeroso do panorama nacional. Preto de medio milleiro de deportistas daránse cita para esta comeptición en honra da bronce Olímpica, Maider Unada. Asistirán os Clubs: Keltoi de Vila de Cruces, Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club Loita Lugo, Club de Loita Pontevedra, Club Kuzushi de Vigo, Club San Ignacio de Vigo e Club Atila de Ourense.
- Open de Barcelos (Martim, Portugal), que terá lugar o sábado 21 de novembro, no Pavilhao da Casa do Povo de Martim (Barcelos), onde acudirán os Clubs: Club El Castro de Vigo, Club de Loita Pontevedra e Club Ciudad de Vigo.
- O Colexio Galego de Árbitros estará presente coas colexiadas Aimara Osco e Nerea Iglesias, que foron convocadas para participar en estos eventos. Amosando o bo nivel deportivo do Colexio Galego, un dos mais prolíficos a nivel nacional.
A Federación Galega continua coordinando os eventos de carácter nacional e internacional, para os Clubs Galegos. Pablo Pintos, dende a Dirección Técnica pon en valor «que os clubs participen en estas competición financiando eles mesmos integramente a súa participación. Cada ano os Clubs Galegos, participan en mais eventos do calendario nacional mellorando o nivel deportivo dos seus deportistas!».






