O Pavillón Pablo Herbello de Bueu será o escenario do Clinic Autonómico de Arbitraxe de MMA, que se celebrará o venres 1 de maio de 2026.
A actividade será válida para o ascenso autonómico e obrigatoria para os ascensos nacionais.
O clinic será impartido por Antonio García Morales, responsable nacional de Grappling e MMA, e desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Durante a formación abordaranse contidos específicos relacionados coas categorías de:
- MMA Youth
- MMA Júnior e Sénior
A actividade está dirixida a:
- Árbitros que desexen ascender a nivel nacional en 2026
- Persoas interesadas en obter o título de árbitro autonómico de MMA
- Deportistas e técnicos que queiran mellorar a súa formación
Establécese unha cota de 10,00 € para a certificación arbitral, tanto para ascenso como para a obtención do título de árbitro autonómico. Para técnicos e deportistas sen certificación, a participación será gratuíta.
As persoas interesadas deberán remitir un correo electrónico con todos os seus datos completos a info@fegaloita.es.
Consulta toda a información no seguinte documento: Clinic arbitraje MMA 2026






